You are on page 1of 4

¿En qué sentido podemos dicir que o modelo político que propón Cánovas supón unha

ruptura respecto ao modelo liberal vixente no reinado de Isabel II?

En primeiro lugar, fronte ao enfrontamento reiterado entre o liberalismo de raíz


doutrinaria e de raíz máis democrática presente no reinado de Isabel II, Cánovas propón
un modelo de integración das forzas liberais representadas nos dous grandes partidos,
Conservador e Liberal-Fusionista, que se turnaran no exercicio do poder.
Por outra banda, esta quenda pactada entre os dous grandes partidos
liberais(seguindo un modelo claramente inspirado no parlamentarismo británico) xunto
coa elaboración dun texto constitucional interpretado dun xeito flexible e pragmático,
debería producir unha maior estabilidade no sistema , algo do que careceu o período
isabelino coa súa sucesión de períodos(década moderadas, bienio progresista, década
moderada unionista) e textos constitucionais (1834, 1837, 1845, 1856)
Para rematar, Cánovas deseña un modelo político que evita, como ocorrera na
época de Isabel II, o recurso permanente ao exército como medio de cambio político.
Nesta época isabelina en que a raíña apoiou principalmente aos doutrinarios agrupados
no partido moderado, o liberalismo progresista recorreu habitualmente ao
pronunciamento militar para buscar o cambio político. Igualmente unha ollada aos
principais líderes políticos do período descúbrenos que a maioría son militares
(Narvaez, Espartero, O’Donnell, Serrano...) Fronte a isto Cánovas trata de configurar
un réxime onde o exército é unha peza importante da estabilidade e será ben tratado
polo réxime, pero igualmente excluído da participación en política, constituíndose así
como un réxime principalmente civil. A propia integración liberal da que falabamos ao
principio fai innecesario, igualmente, o recurso aos pronunciamentos militares.

¿Que é para Cánovas a “constitución interna” e como se reflexa no modelo político da


Restauración? Atopa a idea no manifesto de Sandhurst.
Ao longo da historia as nacións van definindo unha serie de rasgos políticos
fundamentais e invariables. Estes rasgos son a esencia máis depurada da realidade
política dun pobo e indica o que non se debe cambiar se non queremos ir contra o máis
característico dese pobo.
En España esta constitución interna indícanos que ao longo da historia a
realidade política de España estivo definida como unha monarquía hereditaria que é
cosoberana coas Cortes. Nestas dúas institucións materialízanse os dous principios
básicos que, segundo o canovismo, están presentes en toda comunidade política: o
principio de autoridade representado pola Coroa e o principio de liberdade representado
nas Cortes.
No manifesta á nación española que Afonso XII remite dende Sandhurst ( pero
foi redactado por Cánovas) lemos que Afonso se presenta como o “representante do
dereito monárquico en España” E para aclarar a orixe deste dereito o relaciona coa
historia de monarquía e institucións representativas(Cortes): “Arranca este [dereito]
dunha lexislación secular, confirmada por todos os precedentes históricos, e está
indubidablemente unida á institucións representativas legalmente durante os trinta e
cinco anos transcorridos dende que comezou o reinado da miña nai...”
Este é o dereito constitucional propio da nación española e ao que, según
Afonso-Cánovas, se debe voltar se queremos de novo a paz e a prosperidade. “orfa a
naciónagora de todo dereito público e indefinidamente privada da súas liberdades, é
natural que volva os ollos ao seu acostumado dereito constitucional....”
¿En que sentido o funcionamento real do sistema da Restauración é unha adulteración
do funcionamento teórico da Constitución dun réxime parlamentario?¿A qué grupos
sociais e políticos beneficia este sistema e por medio de que instrumentos?
O funcionamento real do sistema da Restauración adultera o que debería ser un
modelo parlamentario: partir da manifestación da vontade popular mediante o sufraxio
que xeraría unhas determinadas maiorías nos instrumentos representativos, e deles
sairían unhas institucións da cor política por esas maiorías definida. No seu lugar son as
institucións, Coroa e Goberno, as que manipulan a vontade popular modificando os
resultados das eleccións para facelos coincidentes cos desexos do partido dominante no
goberno en cada momento. Isto é o que podemos chamar “pseudoparlamentarismo”
Esta situación beneficiaba aos partidos do sistema(Conservadores de Cánovas e
Liberal-Fusionistas de Sagasta) entre os que se estableceu de xeito pactado unha quenda
para asumir o goberno. O modelo dá voz e busca o beneficio, principalmente, da alta
burguesía e da aristocracia nobre, militar e administrativa. Hai por tanto unha
coincidencia cos grupos beneficiarios do poder político e os grupos máis poderosos no
eido económico e social Por iso xustifícase que cualifiquemos ao modelo da
Restauración coma un réxime oligárquico.
A constante manipulación electoral ( “encasillados”, votos de defuntos,
manipulacións do censo...) artellada dende o Ministerio de Gobernación, os
Gobernadores Civís e , máis perto dos votantes, polos caciques, permiten o control
político continuado da oligarquía dominante.

¿Por que Afonso XII foi coñecido como oRei pacificador.


Cando Afonso chega a españa logo da experiencia do sexenio atopa un país
inmerso en dúas guerras. Por iso un dos seus primeiros obxectivos foi rematar con este
escenario bélico. Por unha banda estaba a Guerra Carlista que poñía en cuestión a súa
propia lexitimidade como monarca. Por outra banda estaba unha guerra como a cubana
na que se ventilaban intereses principalmente económicos e o papel internacional de
España como potencia colonial nun momento en que en toda europa está a piques de
desenvolverse en toda a súa plenitude o fenómeno do imperialismo. En 1876 remata a
guerra carlista. En 1878 a Guerra de Cuba pero “en falso” porque aínda ficaba por
vivirse o traumático “1898”.
Cánovas víu a importancia de presentar a Afonso como un rei “pacificador” en
contraposición coas desordes e conflictos que condicionaron poderosamente o
desenvolvemento do sexenio. Para unha parte da poboación española a opción de orde
que representaba Afonso quedaba ratificada por este apelativo de “pacificador”.
Canovas, tamén quixo certificar esta función do monarca incluíndo na constitución de
1876, como unha das súas atribucións, a de ser a máxima autoridade militar do Reino.

¿Que modelo territorial desenvolveron os gobernos de Cánovas e por medio de que


medidas?
O pensamento doutrinario de Cánovas entendía que o modelo territorial de
España debía estar baseado no recoñecemento dunha única soberanía. Sería pois un
estado unitario fronte aos experimentos federais, para Cánovas nefastos, da Iª
República. Igualmente entendía que este estado debía organizarse dun xeito centralista o
poder de decisión política parte do goberno central para espallarse ás diferentes
unidades territoriais.
A abolición dos privilexios forais vascos en 1876 non fai senón certificar este
camiño de centralización e unificación. Ponse fin así á exención militar e fiscal das
provincias vascas ( se ben no caso fiscal pronto se establecera unha nova excepción coa
creación do cupo vasco).
Na mesma liña de fortalecer o poder central fronte á dispersión está a lei de
1877 que pretende controlar aos Concellos establecendo o nomeamento dos alcaldes por
parte do goberno en grandes poboacións. No resto os alcaldes colócanse baixo a
supervisión dos Gobernadores civís, representantes do poder central nas provincias.
Imponse pois unha tese longamente defendida polos doutrinarios en todo o século XIX,
fronte ás teses do liberalismo democrático máis celosas dunha certa autonomía
municipal.

Explica que foi o Pacto do Pardo e que importancia tivo na evolución do sistema da
Restauración.

Trala morte prematura do monarca a finais de 1885, os líderes dos


partidos dinásticos acordaron no “Pacto do Pardo” garantir a permanencia do
réxime e a vixencia da quenda pacífica no Goberno e, por outro lado, agardar
a proclamar o herdeiro por se a viúva María Cristina tiña un fillo varón xa que
estaba embarazada cando morreu Alfonso XII. Este pacto fixo que o sistema da
restauración se consolidase a través de quenda entre dous partidos e a
liberalización do réxime da man de Sagasta propoñendo dereitos como o de
imprenta, asociación, xurados e sufraxio universal. Aínda que estas reformas
chegarán ao seu límite e xorden novos problemas como o movemento obreiro,
os rexionalismos e as guerras de Cuba e Filipinas. (Isabel Rodríguez Buyo)

Valora as principias reformas introducidas polo partido de Sagasta no sistema da


Restauración. ¿Qué grupos sociais e políticos mantiveron, pese a todo, o descontento e
a oposición ao réxime?

A estabilidade política e social permitiu aos gobernos presididos por


Sagasta introducir importantes reformas que non afectaron ós principios
básicos do sistema (prerrogativas da Coroa) e que na práctica resultaron
viciadas polo poder do caciquismo, necesario para seguir gañando as
eleccións. Entre estas reformas destacan a lei de asociacións, que permitiu a
legalización e desenvolvemento das organizacións obreiras, lei de xuízos por
xurado, Código civil, e a lei do sufraxio universal masculino. A oposición ao
réxime ven polo movemento obreiro, o cal asociase formando partidos como o
PSOE e sindicatos como UGT; os movementos rexionalistas e o republicanismo
que se reorganiza en tres tendencias:Federais, Progresistas e
Posibilistas.Pouco a pouco vaise engadindo tamén a oposición chegada dos
opostos ao modelo centralista: os movementos rexionalistas. (Isabel Rodríguez
Buyo)

¿Qué efecto tivo a perda das colonias en 1898 para o sistema?

O desastre do 98 causou en España un forte choque na opinión pública,


nos partidos políticos, nos intelectuais e na clase media. Non provocou a
quebra do sistema político nin unha grave crise económica, aínda que certos
grupos dominantes recibiron un duro golpe nos seus intereses coa perda do
mercado colonial. Pero si que puxo de manifesto a incapacidade da oligarquía
dominante para modernizar o país. Os militares sentiron unha profunda
frustración e responsabilizaron do fracaso aos políticos ademais de reabrirse
os seus desexos de participación no ámbito político. Tamén xerou unha
corrente crítica en intelectuais e literatos (xeración do 98). En cambio a
derrota foi un alivio para as clases medias ao non ter que enviar fillos e pais a
morrer en Cuba. (Isabel Rodríguez Buyo)

You might also like