You are on page 1of 2

A Constitución de 1837: un texto de compromiso

A Constitución de 1837 xorde como consecuencia dun descontento crecente nos


sectores máis progresistas do liberalismo co Estatuto Real, promulgado en 1834. En
1835, a raíña rexente María Cristina, ante as revoltas liberais, confiou o goberno a
Mendizábal, pero decidiu substituílo polo moderado Istúriz dado o carácter radical das
reformas que levara a cabo. Sen embargo, esta decisión acentuou as protestas, e no
verán de 1836 producíronse novos levantamentos populares que obrigaron á raíña
rexente a xurar e restaurar a Constitución de 1812. Con Calatrava como xefe de
goberno, convocáronse Cortes constituíntes coa finalidade de reformala, para
finalmente dar lugar a unha nova constitución en 1837.

Esta constitución foi elaborada co obxectivo básico de garantir a estabilidade política


liberal, tendo en conta que se estaba desenvolvendo a Iª Guerra Carlista (1833-1840), e
os liberais tiñan a necesidade de aglutinar esforzos para non ser derrotados e evitar
regresar ó modelo absolutista que propoñían os defensores da dinastía de D. Carlos. Por
tanto, trátase dunha constitución de compromiso, que aínda que se basea na ideoloxía
liberal progresista, tamén presenta rasgos moderados, para poder permitir a
alternancia de goberno entre estas dúas tendencias.

Entre as características do liberalismo progresista encóntrase a soberanía nacional, tal


como se recolle no preámbulo da Constitución: “As Cortes xerais decretaron e
sancionaron (…)”. Por primeira vez aparece unha declaración de forma explícita de
dereitos e liberdades individuais, entre os que destacan a igualdade ante a lei (artículo
4: “Uns mesmos códigos rexerán en toda a Monarquía) e a liberdade de imprenta sen
censura previa (artículo 2). Ademais, hai certa tolerancia relixiosa, xa que o estado non
se declara confesionalmente católico (artículo 11). Tomados do liberalismo democrático,
tamén se establece o dereito á defensa das liberdades mediante a Milicia Nacional
(artículo 77), e o dereito dos cidadáns na administración de xustiza por medio dos
xurados (“a cualificación dos delitos de imprenta corresponde exclusivamente ós
xurados”, artículo 2).

Na separación de poderes é onde máis se pode apreciar a influencia do liberalismo


moderado, ó destacar o rei cun papel claramente protagonista. Así, correspóndelle ó
poder executivo (artículo 45), nomea e destitúe libremente ós seus ministros, ten
iniciativa legal e dereito de veto sobre as leis e convoca e disolve as Cortes, que, como
na ideoloxía doutrinaria, son bicamerais: Congreso e Senado (artículo 13), de función
colexisladora: o Congreso é elexido por sufraxio censitario (“os deputados elixiranse
polo método directo”, artículo 22), esixindo un mínimo nivel económico ou cultural.
Coma contrapeso ó Congreso encóntrase o Senado, no que o rei tamén ten relevancia
(“os senadores son nomeados polo rei, a proposta, en tripla lista (…)”, artículo 15”).
Polo tanto, a separación de poderes é imperfecta, xa que se reforzan as prerrogativas
reais.

A forma de estado é unha monarquía constitucional, común a moderados e


progresistas, e, en canto á organización territorial, cabe indicar que é un modelo
unitario, aínda que timidamente descentralizado, xa que a elección dos concellos está
nas mans dos seus habitantes (artículo 70).
Polo tanto, pódese apreciar un predominio da ideoloxía liberal progresista na
concepción dos dereitos e liberdades, na elección dos concellos e na Milicia Nacional,
pero aceptando os principios moderados de reforzamento do poder real e o sufraxio
censitario. Sen embargo, a Constitución de 1837 non serviu para a concordia do
liberalismo. A raíña rexente e os moderados considerárona excesivamente popular,
mentres os progresistas non estaban de acordo co excesivo protagonismo da Coroa e a
pouca relevancia da participación do pobo.

No exercicio de poder, distínguese o período da rexencia de María Cristina (1836-40)


que intentou inclinar o réxime cara un máis moderado, e a rexencia de Espartero. A súa
política autoritaria e o descontento popular conducen ó seu derrocamento en 1843, cun
réxime liderado polo moderado Narváez que desembocaría nunha nova constitución en
1845, tipicamente liberal doutrinaria, e comezaría así a prolongación no tempo desta
tendencia política en España.

You might also like