You are on page 1of 3

Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto que tea por asunto central A

VIDA POLTICA DURANTE O REINADO DE ISABEL II. Enfrontado desde os seus


inicios pretensin carlista; os principias protagonistas do xogo poltico foron os
progresistas e os moderados, con claro predominio dos segundos. A aparicin e
desenvolvemento de outras forzas polticas opositoras rxime remataran propiciando a
cada da raia por medio dun pronunciamento militar, recurso frecuentemente utilizado para
promover cambios de goberno. Hembra que non se trata de elaborar un tema marxe das
fontes propostas polo que debes referirte a elas na ta redaccin.

Doc.1.- Mara Teresa de Braganza y Borbn, muller do infante D. Carlos, expn as


algunhas das ideas do carlismo:
Relixin, Patria e Rei, digo por ltimo, pero Rei pola gracia de Deus e non pola gracia da soberana
nacional () Segundo o liberalismo, da soberania nacional emana todo o poder e os poderes que
existen, negando deste xeito todo o poder de orixe divina. Agora ben, isto est condenado pola Igrexa
catlica e con razn; pois a Escritura sagrada di expresamente: todo poder ven de deus (). O
liberalismo puro absolutismo, porque se atribe a s un poder que non lle ven de Deus, de quen
prescinde, nin do pobo soberano, porque a este non se lle concede senn o van e ridculo dereito de
depositar un billete nunca urna electoral.

Doc.2.- Prembulo da Constitucin de 1837:


Sendo a vontade da Nacin revisar, en uso da sa soberania, a Constitucin poltica promulgada en
Cdiz a dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes xerais, congregadas a este fin, decretan e
sancionan a seguinte Constitucin,

Doc. 3.- Prembulo da Constitucin de 1845:


Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitucin da Monarqua Espaola, Raia das Espaas, a
tdolos que a presente viren e entenderen, sabe de:
Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poer en consonancia coas necesidades
actuais do Estado os antigos fueros e libertades destes reinos, e a intervencin que as sas Cortes
tieron en tdolos tempos nos negocios graves da Monarqua, modificando efecto a Constitucin
promulgada en 18 de Xuo de 1837, vimos () en cedretar e sancionar a seguinte Constitucin da
Monarqua Espaola.

Doc. 4.- En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza as as msi importantes


tendencias polticas do momento:
Os moderados representan un paso mis na escala do progreso, non conceden senon a medias o
principio da soberania nacional. Din: o Rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histrico e de
raza, pero o pobo tamn ten dereito a intervir co Rei na xestin dos p blicos intereses; e conservando
as institucins do absolutismo, lganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os
desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das medias.
Os progresistas parten do principio da soberania nacional, que colocan sobre tdolos outros. O Rei,
segundo eles, o porque a nacin quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros ()
Hai unha fraccin demcrata que cre posible a amalgama da monarqua e dos principios democrticos,
da liberdade individual e da soberania nacional.
Segue a esta a fraccin republicana propiamente dita. A democracia como rxime poltico quere,
segundo vemos nas sas publicacins, no canto do Rei un consello ou Xunta federal composta, como
en Suiza, por un ou mis membros por cada provincia ou Estado. No canto de das cmaras, unha soa.
No canto do censo electoral, o sufraxio universal para toda clase de eleccins. Os seus elementos mis
activos pertencen s profesins liberais, s traballadores e artesns, e unha parte mis considerable
cada da clase media.

Doc.5.- As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronncianse en


Cdiz en setembro de 1868, publicando o seguinte manifesto:
Aldraxada a lei fundamental (), corrompido o sufraxio pola ameaza e o soborno (), pasto a
Administracin e a Facenda da inmoralidade (), muda a prensa (). Tal a Espaa de hoxe()
Queremos que un goberno provisional que represente tdalas forzas vivas do pas asegure a orde, en
tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa rexeneracin social e poltica.

A poca de Isabel II significar a consolidacin do Liberalismo en Espaa,


fraccionado en das posturas, moderado e progresista. A nostalxia polo absolutismo e
por un sistema poltico pasado quedar refuxiada no carlismo e, a medida que avance
o sculo atoparmonos con novas forzas polticas, primeiro minoritarias, pero que
acabarn por derrocar Raa: demcratas e republicans.
Dada a falla de libertades e o restinxido do voto a nica maneira de provocar
cambios no goberno eran os pronunciamentos, levados a cabo por militares que
ocuparn o protagonismo poltico da poca.
Para describir os distintos grupos polticos imos seguir o documento 4, nel o
republicano Fernando Garrido caracteriza s diferentes partidos.
Os moderados: defenden a Soberania Nacional, pero a medias, tanto dereito
ten o Rei coma o pobo a xestionar o goberno. Ainda que son liberais non acaban de
romper dun xeito definitivo co Antigo Rxime e, tratan de aunar intereses dun sistema
poltico anterior ( absolutismo) coa sa defensa das clases acomodadas do momento (
alta burguesa, antiga nobreza, clero). O liberalismo moderado aparece representado
pola Constitucin de 1845 ( texto 3). Esta Constitucin proclamouse durante o
reinado de Isabel II, por suposto cun goberno moderado ( Decada Moderada). Nesta
Constitucin vemos que a Soberania compartida e que o seu obxectivo principal
dar fin Constitucin progresista de 1837. Os poderes non estn realmente separados,
a Coroa prima sobre as Cortes, o sufraxio fortemente censitario e non se recoecen
unha serie de dereitos bsicos e mnimos como sera a liberdade de expresin.
A maior parte dos gobernos de Isabel II foron moderados e incluso
ultramoderados. Outras leis que complementaran a obra moderada durante este
reinado seran: a Lei de Concellos, lei centralista pola cal os alcaldes volven ser
escollidos polo goberno; a Lei tributaria de Mon que, pretendendo ser igualitaria,
perxudicou sobre todo s clases populares co establecemento dos impostor indirectos
( consumo); a creacin da Garda Civil. Pero a obra mis moderada sera o
restablecemento de estreitas relacins Igrexa-Estado coa firma do Concordato de
1851, pola cal a Igrexa perdoa as desamortizacins feitas ( obra de progresistas) e
recupera a sa antiga influencia en canto a moral e educacin se refire, adquirindo o
Estado a obriga de manter o clero e o culto catlico.
Os progresistas; defende a ultranza o principio da Soberania Nacional. O
liberalismo progresista tmolo representado na Constitucin de 1837 ( texto 2). Os
progresistas poucas veces acadarn o poder, tendo que acudir sempre a
pronunciamentos para logralo. Un deses momentos durante a rexencia de Maria
Cristina. Espaa vive a primeira guerra carlista e a viuva de Fernando VII tense que
asegurar a victoria e a estabilidade poltica. A Constitucin do 37 o resultado dun
pacto Raia-moderados-progresistas para poder gobernar, polo tanto atopamos
aspectos moderados: sufraxio censitario, colaboracin entre os poderes, e aspectos
progresistas: Soberania Nacional, amplo recoecemento de dereitos individuais e
colectivos. Os liberais progresistas tenden a limitar os poderes do Rei, tamn da
Igrexa, e soen ampliar o nmero de cidadns con poder de voto. Como a constitucin
do 37 elabrase cando estaba en vixencia a de 1812 e resultaba evidente que era
menos democrtica, un grupo de progresistas non a aceptar, irnse distanciando e
dando lugar a unha nova forza poltica: os demcratas, partidarios dun total sufraxio
universal, da Soberania Nacional e dun Rei que reine mais que non goberne.
Outras obras progresistas nesta etapa da Historia sern: a Lei de ferrocarrs de
1855, que permitir o despegue industrializador de Espaa, e a Desamortizacin civil

de Madoz, que por certo resultar sumamente perxudicial para as clases campesias
mis desposeidas. Estas leis poernse en marcha durante o chamado Bienio
Progresista de Isabel II (1854-56), un dos curtos perodos de tempo nos que os
progresistas chegaron poder ( despois dun pronunciamento, claro est). Cando
gobernan os progresistas intentan que a eleccin de alcaldes sexa mis popular e
recaiga sobre os concelleiros.
O liberalismo progresista representa os intereses das clases medias.
Os demcratas: xa falamos deles como unha faccin que sae do liberalismo
progresista. Sern protagonistas principias da Revolucin da Gloriosa,
pronunciamento militar que dar traste co reinado de Isabel II. Xunto cos
progresistas ( Prim) prepararn en Ostende a cada da Raia. O texto 5 falanos do
pronunciamento dado de novo en Cadiz , en 1868. Neste manifesto tamn aparece
unha figura que ocupar unha nova rexencia ata que se atope un novo Rei: Serrano,
este o sucesor de ODonnell fronte dun partido chamado Unin Liberal, partido
a medio camio entre progresistas e moderados , que gobernou nos derradeiros anos
do reinado de Isabel II e que tamn rematar por darlle a espalda.
Os demcratas lograrn poer en marcha o seu ideario coa Constitucin de
1869, a mis democrtica do sculo XIX
O ltimo grupo do que fala Fernando Garrido do seu partido, os republicans.
Estes coinciden bastante cos demcratas mais en vez dun Rei defenden un poder civil,
un consello ou unha xunta federada que represente s provincias ou Estados, unha soa
cmara. A primeira oportunidade chegarlles tamn durante o Sexenio Revolucionario
coa proclamacin da primeira Repblica en Espaa, etapa moi accidentada e de moi
curta duracin. Tanto demcratas como republicanos teen os seus simpatizantes nas
profesins liberais, artesans, clases medias.
Todas estas forzas polticas que se van sucedendo longo do sculo, rompen
dun xeito definitivo cos ideais da etapa poltica anterior: Absolutismo, este sistema
que defenda a existencia dun monarca con tdolos poderes por delegacin divina
pervivir na ideoloxa carlista. O carlismo nace como un problema dinstico, os seus
partidarios defenden o acceso trono doutra rama dos Borbns, a que se iniciara con
Carlos M Isidro, irmn de Fernando VII, inimigos polo tanto de Isabel II.
Ideoloxicamente representan unha involucin, unha volta antigo rxime, o
tradicionalismo, a defensa a ultranza da relixin etc. No texto 1, a muller do
candidato carlista ataca o liberalismo chamandoo absolutista porque a Soberania
Nacional non ven de Deus, nin tampouco goberno do pobo pois este s ten o dereito
de emitir un voto.
Concluindo e, deixando o carlismo aparte, os principias protagonistas do xogo
poltico na primeira metade do sculo XIX son moderados e progresistas, das
versins do liberalismo doctrinario. Na segunda metade, novas forzas opositoras
rxime, demcratas e republicans, irn en aumento e teran a sa oportunidade de
chegar goberno, sern experiencias moi curtas e rematarn nunha volta
moderantismo coa restauracin borbnica.