You are on page 1of 8

Linguas en contacto na bisbarra do

Bierzo: casteln, astur-leons e galego


Alberto Bautista
Romania Minor
<agbtrad@yahoo.es>

Resumo
Na Comarca do Bierzo flanse tres linguas, das delas linguas propias:
o galego e o astur-leons. Consecuencia do antigo contacto lingstico son
as numerosas interferencias e emprstimos que encontramos entre o galego
e o astur-leons. Estes prstamos, calcos e interferencias que se verifican nas diferentes variedades lingsticas intensifcanse nas zonas onde se
desea a fronteira lingstica, o que se chama xeralmente chapurreao.
O astur-leons na comarca do Bierzo, flase principalmente nos vales
de Ribas de Sil, Forniella e La Cabrera. O nmero de falantes pode andar
entre os 2.500 e os 4.000. O dominio lingstico astur-leons atpase hoxe
disperso na provincia de Len, e s fican illas lingsticas, restos do antigo
dominio lingstico principalmente nas montaas do norte da provincia e
en La Cabrera.
Aproximadamente o 50% da poboacin que habita na rea do Bierzo
de fala galega, falan o galego habitualmente. Na ltima reforma do estatuto da Comunidade Autnoma de Castilla y Len incorporouse o recoecemento do galego como lingua territorial, sen que at o de agora
tea repercutido sensibelmente na recuperacin da lingua. A situacin do
galego tamn preocupante, porn hai algns dados que nos permiten ser
algo mais optimistas.
Palabras chave: linguas en contacto, sociolingstica, casteln, asturleons, galego, Bierzo, Castilla y Len.

Introducin

No territorio que hoxe denominamos Comarca do Bierzo (130.000 habitantes),


flanse tres linguas, das delas linguas propias, dicir, que naceron e se desenvolveron no territorio a partir do latn falado nesta bisbarra e outra que chegou
mis tarde como consecuencia da incorporacin deste territorio coroa castel.
Chama moito a atencin dos que por aqu pasan que nun territorio moi definido
xeograficamente, e cunha identidade tan forte, encontremos en cambio unha diversidade lingstica relativamente rica. Isto se debe entre outros motivos a
15
Ianua. Revista Philologica Romanica
Vol. 6 (2006): 1522

ISSN 1616-413X
http://www.romaniaminor.net/ianua/
c Romania Minor


16

Alberto Bautista

razns histricas, econmicas, sociais e non s. Por exemplo, os territorios dependentes do mosteiro de Carracedo que por sa vez dependa de Santiago de
Compostela son hoxe, maioritariamente, de fala galega. No obstante a toponimia denuncia que ao longo dos sculos a fronteira entre o galego e o astur-leons
variou, pero sen grandes alteracins. Por exemplo hai lugares onde actualmente
se fala galego cuxos topnimos amosan unha posbel orixe leonesa. Se ben este
aspecto anda precisa de estudos mis pormenorizados.
Consecuencia do antigo contacto lingstico son as numerosas interferencias
e prstamos que encontramos entre o galego e o astur-leons, mis tarda, porn,
ser a incorporacin do casteln a este fenmeno que d diversos resultados
nos distintos puntos da comarca. Estes prstamos, calcos e interferencias que
se verifican nas diferentes variedades lingsticas intensifcanse nas zonas onde
se desea a fronteira lingstica, (isto, certamente, contribuu a que se crease
a idea de que estabamos perante linguas mesturadas) o que aqu se chamou e
se chama xeralmente chapurreao aplicndoo s diferentes variantes que na
verdade eran formas dialectais ben de galego ou ben de astur-leons. Un ollar
atento aos mapas do Atlas lingstico del Bierzo (ALBI) permitira observar as
diferentes reas lingsticas existentes en O Bierzo en funcin do lxico e da
fraseoloxa, se ben que inexplicabelmente a obra avandita non recolle nos
ndices nin nos cabezallos dos mapas a entrada en astur-leons pero si atopamos,
como veremos mis abaixo, termos claramente astur-leoneses nos exemplos dados
por algns informantes. Outras das crticas ao ALBI relativa aos criterios con
que os informantes foron seleccionados xa que en zonas onde sabido que se fala
galego ou leons (por medio doutros estudos) segundo as informacins do ALBI
frecuentemente se documentan apenas formas castels.
Mis de forma xeral o ALBI fornece unha idea aproximada da situacin
lingstica do territorio bastante prxima da realidade. Vexamos un exemplo:
Do latn luna temos os seguintes resulutados seguindo o mapa 48 do volume
I do ALBI:
No occidente do Bierzo atopamos, polo xeral, a forma la, unhas veces con
a vogal <u> nasal como en Valouta ou Teixido de Ancares, e sen nasalidade
no resto da rea galegfona. Nos ncleos urbanos mis importantes rexstrase
sempre o termo casteln luna, as como en case toda a zona oriental da rexin,
se ben que nos cantos Nordeste e Suleste atopamos termos claramente leoneses
como en Teixedo del Sil onde aparece o termo Chuna ou en Llamas de Cabrera
onde se rexistra Lluna.

c Romania Minor

http://www.romaniaminor.net/ianua/

Linguas en contacto na bisbarra do Bierzo

2
2.1

17

O galego e o astur-leons en cifras


O astur-leons

difcil dicir ao certo cuantos falantes fican desta lingua na comarca do Bierzo,
flase principalmente nos vales de Ribas de Sil, Forniella e La Cabrera. Coido
que o nmero de falantes pode andar entre os 2.500 e os 4.000. Esta lingua goza
de maior vitalidade na comarca vicia de Laciana, que est bastante vencellada
ao Bierzo, tanto que moitos modernamente inclen este territorio na rexin
do Bierzo (xa que na verdade o que denominamos por O Bierzo actualmente
unha rexin que abrangue varias comarcas).
O dominio lingstico astur-leons atpase hoxe xebrado, temos na realidade
por un lado Asturias onde falan Asturiano entre 100.000 e 450.000 persoas (dependendo das fontes) nunha poboacin que anda volta de 1.100.000 persoas.
Por outro lado na provincia de Len fican illas lingsticas, restos do antigo
dominio lingustico (e poltico) principalmente nas montaas do norte da provincia e en La Cabrera, ficando nas zonas planas, no Pramo leons e na meseta
apenas restos principalmente na toponimia e no lxico, fundamentalmente no
campo da vida domstica, os traballos e utensilios do campo, etc.
Na provincia de Zamora anda hai algns restos nos pobos prximos da fronteira con Portugal, e xa en Portugal atopamos o Mirands, lingua pertencente ao
dominio lingstico astur-leons, que conta con entre 7.000 a 8.000 falantes e que
goza dunha certa vitalidade, publcanse en mirands varios libros todos os anos,
e est a se estender o estudo desta lingua no sistema de ensino da zona, aln de
existir unha disciplina no plo da Universidade de Trs-os-Montes e Alto Douro
(UTAD) de Miranda, aln doutras iniciativas. Lembrar tamn que o nico lugar
onde o astur-leons lingua oficial en Portugal. Anda que a situacin al
mais esperanzadora o mirands encntrase tamn nunha situacin de risco.
No resto dos locais onde se falou astur-leons s restan restos na toponimia
e algunha cousa no vocabulario.
No Bierzo a situacin do astur-leons crtica. Non goza de ningn tipo
de recoecemento (nas Asturias polo menos goza de certa oficiosidade) os seus
falantes teen pouca autoestima lingstica, e a transmisin interxeracional e
practicamente nula. Non hai ningn colectivo ou institucin que os defenda, e
para cmulo de males, nin sequera gozan dun modelo de normalizacin lingstica razobel na Comunidade de Asturias, nin dunha TV que emita programas en
astur-leons. Estas razns unidas a cuestins histricas que explican o porque do
desmembramento, retroceso e perda de funcionalidade dunha lingua que foi de
reis, e dun reino, que ao ser asimilado por Castela antes de que tivese tempo a lingua de construrse e unificarse como un romance coheso, non chegou a fraguar,
non esquezamos que a lingua do rei era tamn a do reino e o reino leons ao
fundirse con Castela foi a lingua de Castela a que predominou, isto explicara
en parte porqu o astur-leons non conseguiu consolidarse. O galego como
sabemos correu algo de mellor sorte pois at foi lingua usada (se ben apenas na
escrita lrica) na corte de Castela por trobadores de diversas orixes, incluso polo
propio Afonso X e foi a lingua dalgns reis de Len.
Ianua 6 (2006)
ISSN 1616-413X

18

Alberto Bautista

Os textos publicados en astur-leons actualmente na comarca son practicamente inexistentes, se ben que anda perdura unha literatura oral bastante
descoecida pola maiora dos estudosos na zona de Forniella e Ribas de Sil e
principalmente na vecia bisbarra de Laciana.

2.2

O galego

A lingua galega tamn lingua propia habitual aln dos lindeiros administrativos da Comunidade Autnoma de Galiza (C.A.G). A C.A.G ten unha
poboacin de 2.720.445 habitantes dos cales estmase que o 91% capaz de falar
galego, o que non quere dicir que o fagan. Aln dos lmites administrativos
o galego flase nas reas mis occidentais da Comunidade Autnoma de Asturias (C.A.A. ou Principado de Asturias) e nas da Comunidade Autnoma de
Castilla y Len (C.A.C.L) no occidente da Comarca do Bierzo, nos Ancares e
nas Portelas, este territorio denomnase, tradicionalmente, Franxa Exterior (s
fronteiras administrativas da C.A.G) ou Franxa Leste. Na primeira, a C.A.A., no
seu Estatuto non se fai ningunha referencia existencia do Galego no Eo-Navia,
porn, na ltima reforma do estatuto da C.A.C.L. incorporouse o recoecemento
do galego como lingua territorial, sen que at o de agora tea repercutido sensibelmente na recuperacin da lingua e na restitucin dos dereitos lingsticos dos
mis de 25.000 galegofalantes do Bierzo, Ancares orientais e as Portelas.
Calclase, por mor da falta de estatsticas e datos oficiais, que na Franxa
Leste haxa entre 70.000 a 100.000 falantes, pois as cifras bailan moito dunhas
fontes para as outras (isto implicara que como mnimo o 50% da poboacin da
Franxa fala galego habitualmente).
Falan habitualmente esta lingua unhas 25.000 a 35.000 persoas, aproximadamente o 50% da poboacin que habita na rea do Bierzo de fala galega (a Oeste
da comarca).
A situacin do galego tamn preocupante, porn hai algns dados que nos
permiten ser algo mais optimistas.
A lingua galega ensinada hoxe en mis de 12 escolas primarias, tres escolas
de ensino secundario e na E.O.I. de Ponferrada. Hai varias organizacins que
traballan a reo pola defensa da lingua e cultura galegas da bisbarra, como por
exemplo, Fala Ceibe, a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo levan mais
de 20 anos deleitndonos coa boa msica tradicional da comarca, respectan as
roupas e instrumentos tradicionais e sempre usan a lingua galega, tamn nos
catro nmeros da sa revista, integramente en galego mis recentemente a
asociacin Xarmenta ou grupos teatrais e culturais como Vagalume entre outros.
Por ltimo restan o Instituto de Estudos Bercianos quen pblica libros e algns
artigos en galego na sa revista, e a Mesa para a Defensa da Lingua Galega do
Bierzo, hoxe inactiva. tamn digno de mencin o labor de moitos profesores, e
algns polticos de diferentes signos que falan habitualmente en galego, digna de
especial mencin e a loita pola cooficialidade do galego que decorreu no concello
de A Veiga do Valcarce, que declarou o galego lingua oficial do concello durante
6 meses, por unanimidade dos concelleiros. Salientar por ltimo as mocins
a favor da lingua galega realizadas no Consello Comarcal (o miniparlamento e
c Romania Minor

http://www.romaniaminor.net/ianua/

Linguas en contacto na bisbarra do Bierzo

19

goberno da Comarca).
A pesar da lingua galega estar recoecida polo Estatuto de Castilla y Len
desde 1999 trs anos de silencio administrativo e o tmido desenvolvemento
do ensino da lingua a verdade e que a Junta de Castilla y Len, tenta evitar
referirse ao galego como lingua propia e xustifican o seu ensino por mor das
boas relacins coa vecia Comunidade de Galiza, algns notbeis da poltica
autonmica tratan aos galegofalantes como colonos, ou din que se fala galego por
causa dos galegos emigrados nosa comarca, negando que o galego naceu tamn
na rexin berciana. verdade tamn que algns polticos como o Alcalde de
Lubin (concello pertencente s Portelas, Zamora) Felipe Lubin, electo polo
PSOE e procurador nas cortes ten levado a cabo, xunto con a procuradora
berciana tamn do PSOE Rosario Velasco, iniciativas a prol do galego, e que
o PP (actualmente no poder autonmico) apoiou a reforma do estatuto para
inclur a mencin do galego como lingua territorial.

Antroponimia, toponimia e identidade

Cando falamos en toponimia estamos a falar da designacin que un pobo d a


un local, ben sexa unha cidade, unha aldea, un ro (neste caso dicimos hidronimia) ou unha montaa (oronimia), na sa lingua e , por tanto, un elemento
primordial na construcin da sa identidade colectiva. Por outra banda, os
antropnimos refrense aos nomes de persoa, tamn serven para designar e marcar a identidade, neste caso tanto colectiva como individual dun individuo e do
pobo e a lingua ao que este pertence ou coa cal se identifica.
Se tivsemos a posibilidade de inventarmos unha mquina para viaxar no
tempo e fsemos a procura da orixe de algunhas palabras poderamos recuar no
tempo at pocas anteriores chegada dos romanos (e do latn) pennsula, con
palabras como Veiga, tan frecuente no Noroeste da Pennsula Ibrica e tamn na
nosa terra, de orixe pre-romana. O mesmo acontece cos antropnimos ou nomes
de persoas. Todos eles mis ou menos recentes forman parte do noso patrimonio
lingstico e cultural e tamn do da humanidade e como tal temos o deber (e o
dereito) de llo legar s vindeiras xeracins, actualizado e con toda a plenitude
de funcins e riqueza que sexa posbel, tal como fixeron os nosos pais e os nosos
avs coa lingua, as rbores, o mar...
Os topnimos do Bierzo Occidental teen o seu verdadeiro nome en galego,
que lingua propia e autctona desta terra, lingua con mais de 1000 primaveras
de historia ao lombo, con momentos mellores e peores, e con oito sculos de
tradicin escrita. Os topnimos son tamn documentos valiossimos para coecer
a historia da lingua (e non s). Deturpalos ou alteralos caprichosamente ou
traducilos para outra lingua ven a ser a mesma cousa que dedicarse a facer
gratis nos muros do castelo de Balboa, no de Ponferrada ou nas paredes da
Colexiata de Vilafranca do Bierzo.
Se o noso idioma recoecido polo Estatuto de Castilla y Len como
posbel que se prohiba colocar placas nas ras cos seus nomes autnticos, ou a
rotulacin dos topnimos no seu verdadeiro e xenuno idioma (no que se crearon)
Ianua 6 (2006)
ISSN 1616-413X

20

Alberto Bautista

nas entradas e sadas das vilas, aldeas, cidades, e tamn, loxicamente, nos mapas?
Non permitir facer isto non entender que se est prohibir o uso dunha parte
esencial dun idioma e dunha cultura, os nomes de lugar e de persoa, negando as a
nosa identidade. Ou isto, ou os que pretenden manter (por unha lei incoherente
con sigo propia, e refrome incoherencia do propio Estatuto de autonoma
de Castilla y Len que recoece o galego ao tempo que d como nicos posbeis
topnimos os castelns) pensan que tanto ten chamarse George en vez de Xurxo,
ou Jorge?
Respeitar os topnimos e antropnimos , aln de un acto de profundo respecto pola cultura dos outros un alicerce crucial na construcin dun futuro de
respecto mtuo e tolerancia entre pobos e culturas nunha Europa multicultural
e multilingstica.

Conclusin

O futuro do galego e do astur-leons na comarca do Bierzo pasa por unha


maior concienciacin por parte da sociedade e dos polticos, por gaar funcins
e espazos para o uso destas linguas, pola creacin dunha institucin que traballe, vele e estude estes idiomas, polo apoio as publicacins nestas das linguas
(galego e astur-leons), rotulacin dos topnimos nas sas linguas, por unha
interpretacin mais razobel do ensino voluntario. Convn non esquecer que
unha das maiores riquezas que ten a comarca do Bierzo, aln do vio e o turismo,
son o galego e o astur-leons, e toda a riqueza cultural a eles vencellada anda
non explotada, non digo que vaia a supor o 15% por cento do P.I.B. da rexin,
como supn a lingua castel no P.I.B. de Espaa, pero si que mis de un se
sorprendera dos dividendos que as nosas linguas poderan traer (especialmente
se temos en conta a situacin econmica da rexin berciana e en especial das
reas rurais do Bierzo), pensemos, por dar apenas un exemplo, nas potencialidades do galego, que est dentro do sistema lingustico galego-portugus, lingua
a portuguesa, que aln de ser a do pas vicio, falada por mais de 200 millns
de persoas en todo o mundo.
Sopran novos ventos para as linguas en Espaa e en Europa (no convn
caer nun optimismo que sera contraproducente e temerario, pero tamn hai
que deixar espazo ao optimismo moderado), e sera desexbel e de bo senso,
equiparar en dous eixes fundamentas as linguas do estado, no eido xurdico,
e tamn recoecelas tamn territorialmente evitando como acontece at agora
que falantes do mesmo idioma no mesmo estado teen dereitos uns, como os
falantes na Comunidade Autnoma da Galiza, e outros ningn, como os falantes
da mesma lingua que moran no Bierzo, Eo-Navia e as Portelas. por tanto
necesario atopar o equilibrio entre os dereitos lingsticos e os individuais, e
lembrar que as linguas xa existan antes da Constitucin, que son prevas a
calquera lei, e se algunha lei feita ignorndoas ser a lei a que se ten que
adaptar a realidade dos territorios e dos cidadns e non ao contrario lembro
aqu os casos rechamantes do astur-leons, do aragons, do portugus ou do
brber, idiomas completamente desprotexidos e deixados a sa sorte.
c Romania Minor

http://www.romaniaminor.net/ianua/

Linguas en contacto na bisbarra do Bierzo

21

Tamn bo lembrar que estn a ser pisados os dereitos lingsticos de uns


40.000 bercianos por mor de medos infundados a nacionalismos que aqu simplemente non existen. de recibo aplicar de contado a Carta Europea das Linguas
e cesar na tentativa de, por mor de comodidades administrativas, tentar varrer
do mapa a das minoras lingsticas, sen dbida incomodas para algns, pero
tremendamente enriquecedoras e ricas culturalmente. Estn en xogo principios
fundamentais en democracia, como o respecto pola diferenza e a tolerancia, pois
nunha sociedade uniforme e monolinge sera fcil ser tolerante pois non habera
nada que tolerar.
Por ltimo gustarame deixar unha preguntas no aire, que gaamos coa desaparicin do galego e o asturo-leons?

Referencias
Academia de la Llingua Asturiana. 2001. Gramtica de la llingua Asturiana. Oviedo: Academia de la Llingua Asturiana.
Cunha, C.; Cintra, L. 1984. Nova gramtica do portugus contemporneo.
Lisboa: Edies S da Costa.
Fernndez Rei, F. 1990. Dialectoloxa da lingua galega. Vigo: Xerais.
Ferreiro, M. 1997. Gramtica histrica galega; II Lexicoloxa. Santiago de
Compostela: Laiovento.
. 1999. Gramtica histrica galega; I. Fontica e Morfosintaxe. Santiago
de Compostela: Laiovento.
Fras Conde, F.X. 1999. O galego exterior s fronteiras administrativas.
Xixn: VTP.
Freixeiro Mato, X. R. 1998. Gramtica da lingua galega III; Semntica.
Vigo: A Nosa Terra.
Garcia y Garcia, J. 1994. Pueblos y ros bercianos. Ponferrada. [Edicin
de autor]
Gauss, K.M. 2001. Europeos en extincin. Barcelona: Poliedro.
Gmez Bautista, A. 2004. Algunhas notas sobre a lingua galega da Franxa
Leste. Madrigal 7:4548.
Hagge, C. 2002. No a la muerte de las lenguas. Barcelona, Buenos Aires,
Mxico: Paids.
Moura Neves, M.H. De. 2000. Gramtica de usos do portugus. So Paulo:
UNESP.
Seco Orosa, A. 1999. O trazado da fronteira do galego na provincia de
Len. Estudios Bercianos 24:3247.
Tusn, Jess. 1990. Mal de linguas. Santiago de Compostela: Edicins
Positivas.
Ianua 6 (2006)
ISSN 1616-413X

22

Alberto Bautista

VV.AA. 1996. Atlas lingstico de El Bierzo (ALBI). Ponferrada: Instituto de


Estudios Bercianos.
VV.AA. 1999. Estudios de sociolingstica romnica; linguas e variedades minorizadas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de
Compostela.

c Romania Minor

http://www.romaniaminor.net/ianua/

You might also like