You are on page 1of 4

Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 14 de Marzo de 2011

Comisión Organizadora:
Moderador: Andrés del Valle

Secretario de Actas: Ángel Enrique Abalde Gil

Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, de actas anteriores.

2. Aprobación da orde do día.

3. Valoración das eleccións.

4. Paparota.

5. Asemblea extraordinaria.

6. Asemblea Xeral.

7. Varios.

Desenvolvemento:
Sendo as 19:15 comeza a Asemblea de Estudantes de Ciencias
Políticas.

1. Aprobación das actas anteriores:


Non está enviada a acta anterior, polo que queda pendente de
aprobación.

2. Aprobación da orde do día:


Apróbase a orde do día por asentimento.

3. Valoración das eleccións:


Diferentes valoracións. Por un lado boas, dado a existencia dunha
organización con capacidade para competir con nós, e máis tendo en conta
o novo sistema de votación prexudicial ó normal desenvolvemento dunhas
eleccións democráticas, o cal tan só resulta positivo para organizacións
clientelares. Pola contra, ter 9 voceiros de 11 representantes de alumnos
Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 14 de Marzo de 2011

totais na xunta a 9 voceiros de 15 totais é un mal dato -a pesar de que o


aumento da representación do alumnado se da polo aumento do
profesorado e non polo aumento da poboación estudantil, o que significa
que a nosa forza segue constante. Outro dato positivo é que os tres mais
votados son da Asemblea, así como os dous seguintes voceiros no caso de
que se corra lista. O noso voto en conxunto suma máis de 600 votos,
mentres que a seguinte organización ten tan só 300.

Valoramos a salientábel presenza de MEU na Xunta, pese a súa


heteroxeneidade, coma prexudicial para os intereses do estudantado.

A continuación, temos un breve debate sobre as preferencias dos


compoñentes da Asemblea con respecto a outras organizacións político-
estudantís presentes na facultade.

En canto a mobilización do voto, asumimos como un erro non facelo moito


máis. Era necesario mobilizar moito mais a electorado afín á Asemblea.
Destacamos que as votacións foron cando os compañeiros de 1º e 2º de
grao non tiñan clase, ademais co erro de non ter ningún candidato a
voceiro de 1º de grao. A inexistencia de urna foi fundamental para que se
deran estes resultados.

Coa nova configuración da Xunta, teremos menos influencia nas


comisións, o cal é un problema no caso de que desta si se convoquen
como é debido.

Constatamos por outra banda que polas redes sociais existiu moita presión
por parte doutras organizacións cara os compañeiros pedíndolle o voto.

É preciso gardar os programas electorais de cara o futuro das demais


organizacións.

Debemos darlle mais actividade ó blog; xa que hai moitos temas que
poden ser subidos e amosan de forma clara a nosa actividade semanal.

4. Paparota:
No tocante á tradicional festa cultural do aniversario da Asemblea,
falamos da realización este ano dunha celebración mais grande do
habitual tendo en conta o éxito do Magosto.
Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 14 de Marzo de 2011

Así, falamos da posibilidade de colocar unha carpa previndo as


inclemencias do tempo, ademais de facelo no parque de farmacia
(Seminario de Estudos Galegos) en troques do característico aparcadoiro
de políticas contando cunha maior participación. Debemos falar co
Vicerreitorado de Infraestructura desta posibilidade.

Como é habitual, os nosos prezos deben ser populares. Reflexionamos


sobre a posibilidade dun sorteo, da existencia de xogos populares, dunha
barra libre ou dunha churrascada, xa sexa de balde ou a un prezo
simbólico.

Hai acordo con que a festa sexa o 14 de abril, por ser o xoves anterior as
vacacións de Semana Santa.

O horario dependerá do lugar da festa; xa que poden existir problemas se


o facemos en farmacia. Posibilidade de comezar mais cedo do habitual, de
tarde.

Debemos ter concretado o tema, pois deberíamos publicitalo de forma


axeitada. Así, o ideal sería facer dúas quendas de pegadas de cartaces
cunha diferenza de dúas semanas.

5. Asemblea extraordinaria:
Como estaba acordado en pasadas Asembleas, é preciso convocar
Asemblea Extraordinaria, aproveitando a necesidade da reforma dos
estatutos. Proponse deixalo para o principio de curso coa intención de
chamar aos novos compañeiros que se incorporen a 1º; pero non recibe
consenso. A comisión xurídica irá traballando no novo estatuto, recollendo
as aportacións previas. Ao mesmo tempo, debe traballar o regulamento de
réxime interno que debe ser presentado nalgunha xunta de facultade este
curso. Así mesmo, fálase de presentar unha serie de instancias referentes a
propostas do noso programa electoral.

Deste xeito, ábrese un debate sobre que áreas deben ser prioritarias dada
a incapacidade por parte da Xurídica de ter tantos frontes abertos.
Acórdase que se prioricen as instancias tales como as referentes as de
infraestruturas ou de mantemento de control da docencia.
Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 14 de Marzo de 2011

Como data para a devandita Asemblea, marcamos do 25 de abril o 8 de


maio.

6. Asemblea Xeral:
Lémbrase que a Asemblea xeral será o mércores 17 as 19:00, onde
se tratarán temas como o estatuto do estudante, gobernanza e
financiamento ou a elaboración dunha nova táboa de grado onde
incluiranse explicitamente temas de grao, como os que reivindicara a
Asemblea previo as mobilizacións de Xaneiro.

7. Varios:
Infórmase a Asemblea de que se nos foi concedido unha subvención
de 763€ por primeira vez na historia desta asociación.

Ademais, debemos comprobar se a profesora Mª Ángeles está no PDA,


dado a súa probable situación irregular.

Queda convocada a vindeira Asemblea de Estudante de Ciencias


Políticas para o martes 22 ás 19:00 na aula 0.2 coa seguinte
Comisión Organizadora:

Moderador: Gonzalo Álvarez Catalán

Secretario de Actas: Julia Rodriguez Péman

Suplente: Anxo Llecha Blanco

Quedan convocadas as vindeiras comisión na aula de asociacións


segundo se dispón:

Comisión Mercadotecnia e Finanzas o Mércores 16 ás 17:00.

Comisión Xurídica o Luns 21 ás 14:30

Comisión Cultural o Mércores 23 ás 17:00.

Comisión Formación o Xoves 17 ás 17:30.

Sendo as 21:26 dase por rematada a Asemblea de Estudantes de Ciencias


Políticas.

You might also like