You are on page 1of 3

Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 27 de Abril de 2011

Comisión Organizadora:
Moderador: Raquel Cespón

Secretario de Actas: Pablo Crespo

Suplente: Ramiro Gómez

Orde do día:
0. Lectura e aprobación, se procede, de actas anteriores.
1. Aprobación da orde do día.
2. Valoración da Paparota.
3. Asemblea extraordinaria.
4. Consello de departamentos.
5. Comisións.
6. Varios.

Desenvolvemento:
Sendo as 18:00 comeza a Asemblea de Estudantes de Ciencias
Políticas.

Proponse modificar a Orde do día metendo o punto 4 como


Consello de departamentos.

(Apróbase por asentimento)

0. Aprobación da orde do día:


Apróbase por asentimento.

1. Aprobación das actas anteriores:


Non hai novas actas.

2. Valoración da Paparota:
Valórase como a festividade de maior éxito da historia da Facultade
aínda que con lagoas con respecto á organización, expectativas e
compromiso dalgúns compañeiros
Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 27 de Abril de 2011

3. Asemblea extraordinaria:
A proposta dos novos estatutos será enviada a través dos
mecanismos de publicitación, e queda convocada para o mércores 4 de
Maio.

Apróbase por asentimento.

4. Consello de departamentos:
Tratouse solicitar ó reitorado que Cristina Ares pase a figurar
como profesora contratada.

5. Comisións:
5.1. Xurídica:

Proponse queixarse e procurar unha solución ante o


solapamento de exames tanto na convocatoria de Xuño coma a de
Xullo.

Apróbase por asentimento.

Proponse queixarse e procurar unha solución ante a


modificación dos criterios de avaliación en Política Comparada II.

Apróbase por 6 votos a favor 0 en contra e 2 abstencións.

5.2. Formación:

A valoración do debate sobre a reforma laboral e os recortes


sociais céntrase en garantir unhas liñas xerais de respecto debido a
algúns procedementos e condutas aldraxantes nas quendas de
palabra, así como a presenza de simboloxía xenófoba, homófoba,
ditatorial e racista que atenta contra os valores democráticos e crea
aversión ó espírito asembleario, o cal se tratará na Asemblea
Extraordinaria da reforma estatutaria.
Acta da Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas 27 de Abril de 2011

Acórdase pospor o evento sobre “Paiasos en rebeldía” para


Outubro do vindeiro curso.

Posponse o debate sobre Política e Xuventude para o día 4 de


Maio e no caso de que non sexa posíbel, facelo o día 3 ás 18:00.

6. Varios:
Proponse proporcionar material e apoio para as protestas por
parte dos alumnos de quinto de licenciatura con respecto ó boicot
decanal ó seu acto de licenciatura.

Con tocante ó tema da xestión da aula de representantes, non


se aprecia potestade por parte da Asemblea.

Acórdase por asentimento vender a prezo de custe os restos


almacenados da Paparota.

Queda convocada a vindeira Asemblea de Estudante de Ciencias


Políticas para o martes 10 de Maio para as 19:00 na aula 0.2 coa
seguinte Comisión Organizadora:

Moderador: Ramiro Gómez

Secretario de Actas: Ángel Enrique Abalde

Suplente: Alejandro Rodríguez

Quedan convocadas as vindeiras comisión na aula de asociacións


segundo se dispón:

Comisión Mercadotecnia e Finanzas o xoves 5 ás 16:00.

Comisión Xurídica o mércores 4 ás 16:00.

Comisión Formación o venres 29 ás 17:00 e o luns 2 ás 11:00.

Sendo as 20:11 dase por rematada a Asemblea de Estudantes de


Ciencias Políticas.

You might also like