You are on page 1of 10

1

A guerra do grilo e o león Conto tradicional mexicano

Estaba un león deitado nun palleiro, rañándose as pulgas,


cando un grilo brincou sobre o seu lombo e comezou a cantar.
Ao león no lle gustou ese canto, a ousadía do que se puxera
a cantar enriba seu. Dixo, moi anoxado:
— Se atopo a este cantante tragareino sen máis.
Antes de que o león o descubrira, o grilo saltou a terra,
ocultándose entre las pallas. Pero en cuanto deixou de buscalo,
brincou outra vez sobre o seu lombo e seguiu cantando.

—Xa

darei con ese insolente e papareino — dixo o león, pero como era
moi lento para mover a cabeza, o grilo alcanzou a esconderse de
novo.

Esta escena repetiuse por terceira e cuarta vez.


—Se ao menos soubera quen es, criatura, para facer a guerra
a toda a túa especie — desafiouno o león.
O grilo brincou por quinta vez sobre o seu lombo e
respondeu:
—Son o grilo e acepto facer a guerra contigo, pese ao teu
gran poder.
Pero non hoxe, senón mañá, así teremos tempo de xuntar
aos nosos soldados.
2

—De acordo —dixo o león con solemnidade.E cada quen


partiu entón a organizar o seu exército.
O león xuntou aos bois, porcos, teixugos raposos,
armadillos, corzos e a todos os outros cuadrúpedes grandes ou
pequenos que achou e preparounos para a batalla.

O grilo xuntou ás formigas, as avespas e todos os demais


insectos de picadura forte que había no bosque. Os que tiñan
alas trasladaron aos que non as tiñan ao sitio do combate, onde
os esperaba o grilo para formalos. O grilo ordenou á metade
sobre a terra, en compactos cadros, e dixo aos outros que se
subiran ás ramas das plantas veciñas, tapándose con follas para
que no os viran.
Os que estaban sobre a terra daban a impresión dun
xigantesco formigueiro, de tantos que eran. Pero tamén o león
reunira a moitos animais e esperaban con verdadeira
impaciencia o comezo da guerra. Cansado de esperar, mandou
un corzo para que fora a preguntarlle ao grilo si xa estaba listo...

O corzo partiu a carreira, confiado en que non lle pasaría


nada, ante o insignificantes que topaba a seus inimigos.
3

Pero antes de chegar, sentiu que o estaban picando en


todas partes e regresou fuxindo de eles, sen traer resposta
algunha.
—Mellor entón que vaia o armadillo —mandou o león—. Él ten
a súa cuncha para protexerse das picaduras.
—Está ben —aceptou o armadillo, e partiu.
Pero tamén, antes de que chegara, viñeron as avespas a picalo.

Para salvarse, o armadillo meteuse na súa cuncha e foi rodando


sen rumbo longo rato, ata que deixaron de molestalo. Así,
afastouse moito dos seus.
O león xa o daba por morto cando o viu aparecer ferido.
Contou o que lle sucedera e o león decidiu mandar ao
raposo, que era más intelixente.
4

O raposo deu uns cantos pasos cara diante, pero logo


volveuse.
—¿Qué noticias traes? —preguntoulle o león facendo risa,
anoxado pola súa desobediencia.
—¿Qué noticias queres ter, gran rei? —dixo o raposo.
—Xa ves cómo maltrataron aos teus enviados. ¿Non é esa
sinal suficiente de que a guerra comezou?
O león comprendeu que estaba no certo e ordenou a todos
os seus soldados que se aprestaran para o ataque. Cando os viu
listos, ruxiu:
—¡Adiante, meus bravos! ¡A exterminalos!
Él mesmo encabezou o ataque, dando mostras de valentía.
Cando xa estaban cerca dos cadros ordenados sobre a terra,
buscou ao grilo para comelo, pero non o viu, pois o grilo dirixía
todo desde unha rama.
Os animais máis grandes comezaron a rebolarse sobre os
insectos, pensando que ese era todo o exército e, aínda que
recibiron picaduras, lograron matar a moitos. Estaban xa
cansados, cando o grilo ordenou o ataque aos que se atopaban
nas ramas, quen viñeron como frechas a picalos nos ollos, o
fociño, o nariz e todas as partes delicadas do corpo.
O león viunos tan desesperados, que ordenou a retirada.
Pero as avespas seguíronos, sen deixar de hostilizalos un
momento, e pronto, a retirada converteuse nunha fuga
desordenada, ao berro de "sálvese quen poida".
Así desbandáronse todos polos outeiros.
O león quedouse solo e triste, queixándose das picaduras e
co orgullo ferido, pensando cómo puido ser derrotado polos
animaliños tan pequenos e débiles.
Tempo despois, estaba botado no mesmo palleiro
rañándose as pulgas, cando o grilo saltoulle outra vez ao lombo
e se púxose a cantar.
Pero xa non se atreveu a facerlle nada, ata empezou a
gustarlle ese canto.
Isto é o que ocorreu co gran león, soberbio rei de aquelas
comarcas.
5
6

IMOS A XOGAR CO SIGNIFICADO DALGUNHAS PALABRAS DO CONTO:


Emparellamos cada palabra con outra de significado parecido ou sinónimo:
1. palleiro __Terreo con pallas e herbas
2. ousadía __Fuxiron
3. anoxado __Seriedade
4. insolente __Rexións
5. solemnidade __Esperaban
6. impaciencia __Amolar
7. agardaban __Maltratado
8. insignificantes __Pequerrechos
9. molestar __Se preparan
10. maltreito __Desvergonzado
11. se aprestaran __Revolverse
12. rebolarse __Maxestoso
13. hostilizar __Atacar
14. fuga __Valentía
15. desbandaron __Fuxida
16. cerros __Nerviosismo
17. soberbio __Outeiros
18. comarcas __Enfadado

ORDENA AS ORACIÓNS SEGUINTES:

saltou O grilo terra. a

león aos animais. O xuntou

decidi león ao raposo mandar O


u .
7

AGORA IMOS FALAR DOS PROTAGONISTAS DO NOSO CONTO:

- Mira a imaxe do león do primeiro debuxo e despois


observa a do final do conto: que diferenzas ves entre as dúas
actitudes do león?

Agora imos falar do grilo, como pensas que se comportou na


guerra? Foi astuto? Por qué?

O raposo non quixo ir a axexar o que facían os insectos, por que


pensas que non fixo o que lle mandou o león?
8

1.Recordas por que se anoxou o león co grilo?

2.E despois, cómo se armou a pelexa?

3.Qué personaxe do conto che gusta máis? O león ou o grilo? Ou


gústache outra das personaxes?

4. Sabes que insectos aparecen no conto? Ordena as sílabas para


formar os seus nomes.

gas pul
zos cor
ma llo di ar
sos ra po
lo gri
mi for gas
ón le
i gos xu te
ves a pas
cos por

5.Forma dúas columnas cos nomes destes animais e clasifícaos


en:
Catro patas (=cuadrúpedes) Insectos

6. Colorea nos debuxos que temos no conto aos cuadrúpedes de


marelo e aos insectos de morado.

7. Agora imos formas nomes colectivos, que nos falen dun


conxunto de animais:
Mira este exemplo: formiga → formigueiro

Avespa → __________

Pulga → ___________
9

Soldado → __________

8. Busca os nomes de partes do corpo na sopa de letras:


A L O M B O J U O P L Q
F N X F H U I K R I G B
Q X A D G J M K E L Ñ C
E U F R B H J K L Ñ U A
R F U H I B V G L Y T B
T U Q P L Z K M A B J E
Y C R T F V T G B N H Z
U I Q A S X Z V E D Q A
O Ñ O I J M N H Y P K I
P O X Z C V B N M Ñ L O
Ñ G A G E D F G H J K V
I J M B V C M O P R O C

9. Adiviña adiviñanza:

No verán barbudo,
E no inverno espido,
¡Isto é moi duro! _______

Antes eramos frescas,


No estío, verdiñas,
Agora o vento lévanos
Dun lado a outro, amarelas. ______

Que é? que non é?


Está no xardín
E tamén nos teus pes. _______
10

You might also like