You are on page 1of 8

4ª REUNIÓN DE BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Santiago de Compostela 7 de Xuño de 2008

ORDE DE TRABALLOS:
Presentación dos participantes
Grupos de Traballo:
o Resumo e información sobre os grupos extintos e existentes. Conclusións.
Reunións de grupos de bibliotecas por zonas: Barbanza, Ourense
Servizos: blog?
Xunta: avaliación das axudas e subvencións
Cursos de Formación
Relacións con Anabad
Futuro do Grupo de traballo/Asociación?, Elección novos coordenadores
Varios

LUGAR DA REUNIÓN:
Restaurante Ke Komer (Santiago de Compostela)

HORA DA REUNIÓN:
11h./14h.
16h./18h.

PARTICIPANTES:
Biblioteca Nome/s Participantes reunión
Ames Xoán Manuel Pérez, Santiago Eirís 1 (pola mañá), 1 (pola tarde)
Arteixo Fidel Mouzo, Manoli Moreiras, 5
Eusebio Álvarez, José Luis Alonso,
Juan García Figueiras
Boiro Anxo Campos 1
Caldas Rosa, Cristina 2 (1 pola tarde)
Fene Sonia Iglesias Martínez 1 (pola tarde)
Foz Chus Álvarez Sánchez 1
Grove Marina Aguín, Uxía Pallares 2 (pola tarde)
Mugardos Fátima 1
Oleiros Mariluz Corral (mañá) 1
Ortigueira María José Vilasánchez, Mónica 2
Pérez (mañá)
Ourense: San Ana María, MariCarmen 2
Francisco, Carballeira
Pobra do Caramiñal José Carlos Vidal 1
Rianxo Sofía Carou 1
Ribadavia Teresa Rivela (mañá) 1
Sada Belén Barral, María Pena 2
Santa Comba Nieves Cives 1
Sanxenxo Mercedez Vázquez 1
Saviñao Mónica Carballo 1
Totais 28

Total Bibliotecas: 18
Total Participantes reunión: 28
Participantes mañá: 23
Participantes tarde: 23

1
1) Resumo dos Grupos de Traballo:

Formación: este grupo realizou no ano 2007 un plan de formación fruto das enquisas
recollidas nas bibliotecas municipais. Este plan foi recollido e realizado en parte pola
administración tanto autonómica como local neste ano. Sen embargo quedou pendente de
realizar unha avaliación da formación ofertada desde a administración que quedou pendente
de ser feita e da que non se fixo ninguén cargo.

Extensión: este grupo rematou o seu informe, co recollido nas enquisas, en marzo deste
ano. O informe foi moi difícil de realizar pola casuística que presentaban as enquisas
recollidas. Foi rematado en outubro e publicado en marzo polo que acabou quedando un
pouco desfasado xa que desde a recollida de datos 2006-2007 até a publicación, a
administración realizou varias das actividades que estaban incluídas nas conclusións do
informe deste grupo de traballo.

Perfil Profesional: rematou tamén este ano o seu traballo realizando un labor importante de
difusión das conclusións con entrevistas en medios de comunicación e con representantes
sindicias e de diversas administracións. Este grupo manifesta a posibilidade de que cada
biblioteca o leve no seu concello aos seus representantes sindicais e aos seus políticos.

Colexio Profesional: este grupo realizaou un informe (ver anexo 2) co procedimento a


seguir para a constitución dun colexio profesional. Ao mesmo tempo puxéronse en contacto
con outras persoas que xa tiñan iniciado este proceso e falaron tamén con representantes
da Faculdade de Bib. e Doc. de Ferrol. Expresaron o seu ponto de vista sobre a dificuldade
de realizar este proceso xa que ten que pasar uns procesos legais bastante complicados
que precisan ademais do apoio de todo o colectivo profesional.

Todos os grupos de traballo excepto o de Colexio Profesional remataron as súas actividades


e deixan de existir “oficialmente” sen embargo realizáronse novas iniciativas que van ter
continuidade no tempo como as reunións de zonas.

2) Reunións de Bibliotecas por zonas:


O grupo constituído desde o grupo de municipais de Colaboración con Bibliotecas,
organizou unha reunión en Barbadás á que asistiron Sonia de Fene e Mónica do Saviñao
como representantes deste grupo e os e as traballadoras das bibliotecas de Barbadás, O
Carballiño, Ribadavia, O Irixo e Beariz. A reunión serviu sobre todo para que estes
profesionais manifestaran as deficiencias dos seus servizos e instalacións que é bastante
extendido na provincia:
- falta de conexión á internet polo tanto tamén de correo electrónico e de posibilidades
de realizar enquisas e solicitudes vía internet
- incomunicación coa súa propia administración que non os informa nen lles remite as
comunicación dirixidas ás bibliotecas...

De todas as maneiras a reunión foi positiva xa que leva a coñecer e intercambiar


experiencias entre os participantes. Da reunión saiu unha comunicación co encargado de
Formación da Deputación que este ano organizou dous cursos dirixidos a persoal
bibliotecario da provincia.

Municipais da Mancomunidade de Arousa Norte: as bibliotecas de Boiro, A Pobra,


Rianxo e Ribeira realizaron dúas reunións o 12 de febreiro en Rianxo e o 29 de maio na
Pobra. Destas reiunións saiu moito intercambio de experiencias produtivas para os
participantes que os levan a mellorar o seu servizo e a propor a institucionalización do grupo
dentro da mancomunidade con propostas como a de carné único para as 4 bibliotecas. Ao
mesmo tempo nestas reunións intercambiaron experiencias sobre o uso do Meiga, proposta
de realización de actividades conxuntas e/ou de anunciar conxuntamente as realizadas nas
4 bibliotecas, boletíns de novidades...

2
Van continuar con este intercambio de experiencias e propoñen que noutras zonas se faga o
mesmo xa que é moi produtivo para os participantes.

3) Servizos: blog
O blog do Grupo de Bibliotecas Municipais (http://bpmunicipais.blogspot.com) foi creado
despois da reunión celebrada o 1 de xullo de 2007. Neste tempo manifestouse como un
medio de comunicación eficaz e moi consultado polo que se cre conveniente a súa
continuidade pero con novos responsábeis e con criterios de publicación definidos.
(Ver Anexo I)

4) Xunta: avaliación das axudas e subvencións:


Algunhas críticas recollidas do programa de axudas para as bibliotecas:

Letras Vivas Creación:


Programa informático deficiente, non permite opcións planificadas polo bibliotecario.
Programa dirixido xa que só se pode traballar con autores marcados desde a Xunta.
Deseño pouco amigábel

Ciclobibliotecas:
Programa non disponíbel todo o ano, só os períodos marcados pola Xunta

Abril, mes dos libros:


Información contraditoria
Problemas para solicitalo

Cofinanciamento:
Tempo excesivo de pagamento ás librerías

Mobiliario:
Non existe liberdade á hora de contratar a empresa
Necesidade de ter partida para poder acceder ás axudas

Conclusión ás subvencións
Menos dirixismo na selección de autores, empresas, etc.
Simplificación de trámites
Ampliación de prazos de xestión das subvencións
Maior difusión por medios máis convencionais xa que en moitas bibliotecas non existe
posibilidades de concetarse á internet.
Pouco persoal para xestionar tanta axuda.
Persoal da Xunta encargado das subvencións ou non está ou non sabe.

Plataforma internet
Protestas continuas dos usuarios
Posibilidade de que sexa o técnico o que decida se poden os usuarios imprimir, baixar
programas, se o tempo de uso volve a ser efectivo pola tarde, etc.
Non le todos os USB
Problemas coas altas de NIE
Non existen filtros para navegar
Polo tanto hai bibliotecas que indican que non compensa o servizo dado pola Xunta e están
calibrando a renovación do servizo.

3
Libros enviados pola Xunta
Moito do fondo enviados pola Xunta no programa de promoción do libro galego ten pouco
interese e ademais continuan co envío de documetos repetidos varias veces, hipotecando
desta maneira o espazo e coa dificuldade de xestión co escaso persoal que hai nas
bibliotecas.

Estatísticas
Solicítanse datos dos que a Xunta xa dispón
Recóllese información contraditoria
Non chega a información a todas as biblioteca: xa aportado tema de brecha dixital e
incomunicación coa propia institución
Problemas de comunicación para solventar dúbidas

5) Formación:
Non están claros os criterios para a selección dos participantes nos cursos
Acceden aos cursos persoas doutros organismos, como as cámaras de comercio,
quedando fora persoal de bibliotecas
Sedes de celebración dos cursos moi limitadas, hai que seleccionar máis lugares para
permitir acceder a máis bibliotecarios.
Concedéronse a máis dunha persoa por biblioteca, quedando outras fora. Vese a
necesidade de repetir os cursos máis demandados.
Porpor a realización de máis cursos on-line para contrarrestar o escaso número de
sedes, e dos gobernos locais que non facilitan a formación dos seus traballadores.
Necesidade de realizar cursos específicos de/para bibliotecas municipais.
Destinar axudas para a realización de cursos doutras administracións, organismos, etc.
A Xunta debería dirixirse aos concellos que non permiten que os seus traballadores se
formen para presionar a favor da participación na formación.
Falouse de enviar carta polo malestar que se creou por que un xefe de servizo quitara
postos a “traballadores públicos”

6) Varios:

Rede Wifi
A Xunta debería informar dos problemas que pode xerar para a saúde dos usuarios e dos
traballadores.

7) Asociación de Bibliotecas Municipais:


Por último aprobouse entre os presentes a constitución dunha Asociación de Bibliotecas coa
finalidade de traballar na constitución dun Colexio Profesional. Esta Asociación preparará
unha carta/proposta dirixida a todas as Bibliotecas nas que se explique o porqué da
constitución deste Colexio Profesional xustificando a necesidade do mesmo así como
concretando que persoas poderán formar parte do mesmo.

Por último marcouse como nova data para a seguinte reunión e/ou presentación da
proposta de Colexio Profesional en setembro, na Coruña, durante a realización do Congreso
de Bibliotecas Públicas.

Non se nomearon responsábeis, nen se concretou que persoas van constituir a nova
asociación.

4
ANEXO 1: BLOG

Os datos recollidos son os seguintes:


Inicio: 1 de xullo de 2007, ainda que comezou a publicarse con continuidade en agosto do
mesmo ano.
Escritores: os coordinadores do grupo, María José (Redondela-Chapela), e Xoán Manuel
(Ames)

Número de entradas: 66
2007: 42
2008: 22
Última entrada publicada: 15 de abril de 2008

Visitantes únicos: 2.189


Visitas: 7.109
Páxinas vistas: 13.675
Tempo medio de visita: 1,45 min.
Media de páxinas vistas por visita: 1,92
Porcentaxe de visitantes que volven: 70%
Visitantes novos: 30%

Promedio de visitantes mensais de xullo 07 a xuño 08: 592 visitas/mes, 20 diarias


Promedio de visitas dos meses activos (agosto 07 a abril 08): 764 visitas/mes, 25,5 diarias.

5
ANEXO 2: COLEXIO PROFESIONAL

O grupo de traballo encargado do estudo dos requisitos e ás posibilidades de creación dun


Colexio Profesional de Bibliotecarios, Documentalistas e Arquiveiros, formado por Anxo
Campos (Boiro), Marta Alonso (Sagrada Familia-A Coruña) e Juan García (Meicende-
Arteixo), recabou información a partir da experiencia doutras Comunidades Autónomas e da
regulamentación legal da nosa, intentando concretar os requisitos esixidos para os
Bibliotecarios de Galicia.

Os colexios profesionais, son corporacións de dereito público, con personalidade xurídica


propia, e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

REGULAMENTACIÓN LEGAL:

1. Artigo 36 da Constitución Española


2. Artigo 27.29 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
3. Artigos 2,3.2, 3.3, e 5 ñ da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de Colexios Profesionais,
modificada pola Lei 74/1978 do 26 de decembro, Lei 7/1997, do 14 de abril e Real
Decreto Lei 6/2000, do 23 de xuño, que teñen o carácter básico en materia de
colexios profesionais.
4. Lei Orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á
Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Real Decreto 1643/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funcións e servizos da
Administración do Estado e materia de colexios oficiais e profesionais.
6. Decreto 337/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións transferidas á
Comunidade Autónoma de Galicia polo Real Decreto1643/1996.
7. Lei 11/2001, do 18 de setembro, de Colexios Profesionais da Comunidade
Autónoma de Galicia
8. Decreto 161/1997, de 5 de xuño, polo que se regulan os consellos galegos de
colexios profesionais e se crea o Rexistro de colexios profesionais e os seus
consellos.

REQUISITOS PARA A CREACIÓN DUN COLEXIO PROFESIONAL

1. A creación dun colexio profesional faise por Lei do Parlamento de Galicia. (art
11 da Lei 11/2001)
2. Anteproxecto de Lei de creación, farase por petición dos profesionais
interesados, logo da apreciación por parte do goberno autonómico do interese
público concorrente na creación do Colexio.
3. Unicamente se poderá crear un novo colexio profesional, respecto de aquelas
profesións para o exercicio das que se esixa estar en posesión dun título
académico oficial, e tamén respecto de aquelas actividades profesionais nas que
o seu exercicio estea condicionado á posesión dun título oficial que acredite a
cualificación e habilite legalmente para o seu exercicio.
4. · O ámbito territorial mínimo dos colexios de nova creación será a provincia.

6
REXISTRO

Os colexios profesionais radicados na Comunidade Autónoma Galega deberán


inscribirse no Rexistro de Colexios Profesionais dependente da Secretaría Xeral da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

REQUISITOS

En primeiro lugar, requírese unha titulación académica oficial.

En segundo lugar, débese acreditar o interese público en constituír un Colexio Profesional,


que se baseará na necesidade de regulamentar o desempeño da profesión.

En terceiro lugar, débese celebrar unha Asemblea Xeral coa maioría de bibliotecarios
existentes na Comunidade Autónoma interesados en crear un Colexio Profesional.

En cuarto lugar, deberase nomear un presidente e un secretario que levantará acta das
reunións e certificarase a acta da mesma e que os profesionais reunidos son a maioría dos
existente na Comunidade Autónoma.

Por último, se nomeará as persoas designadas para actuar en nome dos bibliotecarios que
queren constituír o colexio que presentaran un escrito solicitando a creación do colexio
profesional xunto co unha memoria xustificando a conveniencia e as razóns polas que se
pretende constituír dito colexio.

ANTECEDENTES

1.- Col. legi Oficial de Bibliotecaris i Documentalistes de Catalunya. (13/06/1985, ley


10/1985).

2.- Col. legi Oficial de Bibliotecaris i Documentalistes de la Comunitat Valenciana (7/06/2006


, ley 6/2006).

3.- Colegio Oficial de Profesionales de la Documentación de Murcia, en proceso de creación.

4.- Plataforma por la creación del Colegio Profesional de Archiveros, Bibliotecarios y


Documentalistas de Madrid.

7
RESUMO

ELEMENTOS BÁSICOS A TER EN CONTA:

1. - O INTERESE PUBLICO para a súa creación.

2. - COLEXIACIÓN OBRIGATORIA, debe xustificarse que o destinatario inmediato non


sexa a Administración, senón o usuario público e que non se trata de meras funcións
administrativas.

3.- TITULACIÓNS DE ACCESO, deba existir unha titulación determinada que habilite a
acceder á profesión. Non obstante, aos traballadores que actualmente desempeñan tarefas
nas bibliotecas sen ter a titulación requirida, aplicaríaselle disposicións transitorias para
permitir a súa incorporación sen o devandito requisito.

4.- ALTA PORCENTAXE DE REPRESENTACIÓN, a solicitude debe estar avalada por unha
importante porcentaxe de profesionais con interese na súa creación.

Arteixo, a 5 de xuño de 2008.

You might also like