You are on page 1of 2

Acta nº 5

ACTA DA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


2008

Reunidos na Casa-Escola de Lanzós (Vilalba), a 20 de Xuño


de 2008, coa asistencia de trinta (30) socios desta Asociación, ás
21:00 h., en segunda convocatoria, a Asamblea Xeral
Extraordinaria 2008 tratou o seguinte asunto.

Orde do día:

Solicitud da Xunta Directiva aos señores socios e socias da


autorización para facer as xestións necesarias có fin de acadar a
escritura da propiedade da Casa-Escola de Lanzós a favor desta
Asociación de Veciños de Lanzós.

Desenrrolo da sesión e Acordos adoptados:

Toman a palabra a Sra. Presidenta desta Asociación, Dna. Mª


Teresa Ramil Ramudo, e o Secretario, D. Xesús Miguel Ares Fraga,
expoñendo os motivos da Xunta Directiva para levar adiante esta
proposta. Finalizan propoñendo votación sobre este tema.

Por unanimidade dos socios e socias presentes, esta


Asamblea Xeral Extraordinaria autoriza á Xunta Directiva no seu
conxunto a facer cantas xestións sexan oportunas ante as
instancias competentes para acadar a propiedade da Casa-Escola
de Lanzós a favor desta Asociación de Veciños.

Sen mais asuntos que tratar, ás 22:00 h., dase por concluída
a Asamblea Xeral Extraordinaria.

Vº e prace A Presidenta Asdo. O Secretario


Dna. Mª Teresa Ramil Ramudo D. Xesús M. Ares Fraga

You might also like