You are on page 1of 7

Intervencin militar na vida poltica

Un rasgo destacado na Espaa contempornea a reiterada intromisin do Exrcito na vida poltica. O pulo do liberalismo durante a crise do Antigo Rxime ( Doc.1), o apoio s diferentes faccins no perodo isabelino ( D.2) e mesmo a promocin da democracia en 1868 marcan as sas actuacins iniciais; pero a partir da Restauracin ( D.3) irn gaando terreo posturas cada vez mis conservadoras e reaccionarias, que cristalizarn no sculo XX en frmulas autoritarias (D.4 e 5), coa longa ditadura franquista como mxima expresin. Lembra que na ta exposicin debes referirte aos documentos propostos, pois non se trata de elaborar un tema marxe dos mesmos.

Doc.1. Manifiesto que dirixe Nacin espaola Juan Diaz Porlier o 21 de setembro de 1815. O noso obxecto o de Espaa enteira: unha monarqua sometida a leis xustas e sabias, e constituida dunha maneira que sexa garanta, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nacin. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas tean liberdade de facer na Constitucin proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situacin (). Firmes na nosa resolucin, non deixaremos as armas ( se nos vemos na obriga de recorrer a elas) antes de obter o que pedimos. Doc.2. As interpreta un comentarista da poca a presenza militar na poltica ( El pensamiento de la nacin, 1846). As queixas contra a preponderancia militar datan xa de moito tempo; hai longos anos que as fraccins liberais se acusan unhas s outras polos estados de sitio; e unha provincia en estado de sitio unha provincia entregada ao poder militar. O que en 1834 e 1835 dican os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles a quenda aos progresistas repetir os mesmos cargos, que logon reproduciron os moderados ata 1843; desde o pronunciamento de xuo do mesmo ano, quixanse outra vez os progresistas. Se algn da os moderados sucumben, probable que os progresistas lles ofrecern abundantes motivos para a terceira edicin de idnticas reclamacins. O nome das persoas e dos homes non significa nada: o feito o mesmo. Doc.3. O historiador Raymond Carr analiza a influencia militar na poltica da Restauracin. Ata a Restauracin da monarqua en 1874, o instrumento efectivo de protesta e cambio polticos foi o Exrcito, que parecera perder este papel como consecuencia da desmilitarizacin da poltica realizada por Canovas. Ata 1923, ags o levantamento republicano de Villacampa, ningn xeneral iniciu un pronunciamento. Esta apariencia civil da vida poltica da Restauracin enganosa: os xenerais deixaban a poltica aos civs s a condicin de que estes non tocaran o Exrcito e de que eles mesmos seguiran a ser figuras influntes na vida poltica. O tenente xeneral Martnez Campos () era consultado en tdalas crises polticas importantes, e a Espaa conservadora dirixrase ao xeneral Polavieja para que a salvara en 1898-99 (). O ministro da Guerra foi sempre un xeneral, e o orzamento militar unha reserva sacrosanta ante a cal os polticos civs experimentaban inhibicin total. Doc.4.- Declaracin ante a prensa de Primo de Rivera, 16 de setembro de 1923. Eu non son un ditador. Ningun pode, con xustiza, aplicarme esta denominacin. Son un home a quen os seus camaradas de armas, acaso errneamente, honraron coa difcil misin de dirixir a reconstruccin da Patria. Doc.5. O xeneral Franco, Caudillo de Espaa, na compaa de Adolf Hitler en 1940

A intervencin do exrcito na vida pblica espaola converteuse nunha arma decisiva dos grandes cambios polticos. No sculo XIX estes cambios polticos sern activados mediante pronunciamentos que apoian a un ou outro partido. No sculo XX, a intervencin militar supor a imposicin de ditaduras militares. Empecemos polo sculo XIX. O desenvolvemento militar da guerra da Independencia contra os franceses, e sobre todo, o das guerras carlistas, acabaron por converter Exrcito de Espaa nun factor fundamental para o desenvolvemento da poltica. altura de 1840 era xa a forza mis importante dentro do Estado, e os seus xefes mis significados convertronse nos personaxes de maior influencia poltica. O Doc.1. flanos dun dos primeiros pronunciamentos, un intento frustrado, o de Porlier na Corua en 1815. Despois da guerra da Independencia e derrotado Napolen, Fernando VII regresa a Espaa. Os liberiais queren que xure a Constitucin de Cdiz, pero o Rei, aconsellado por deputados absolutistas ( Manifesto dos Persas) anula todo o lexislado en Cdiz. Prodcese pois unha volta Antigo Rxime e absolutismo. Fernando VII verase incapaz ante a grave crise econmica do pas, a guerra de independencia da Amrica espaola, mis tarde o problema sucesorio..... a monarqua absoluta comeza a facer quebra e inciase unha oposicin dirixida pola burguesa liberal que desexa un rxime constitucional. Esta minora liberal, a travs da masonera, protagoniza conspiracins e pronunciamentos militares. A maiora deles fracasan, faltos do apoio popular: Espoz e Mina en Pamplona, Porlier na Corua e Lacy en Barcelona. En 1820, o Comandante Riego en Cabezas de S. Juan (Sevilla) sublevar as tropas que an embarcar cara a Amrica e triunfar comezando o Trienio Liberal. Porlier un exemplo da nova oficialidade espaola nacida durante a guerra da Independencia. Cando rematou a guerra estaba en Madrid, onde protestou pola arbitraria decisin de Fernando VII de abolir a Constitucin de 1812, os absolutistas descubren a sa filiacin liberal e sufriu represin; o 17 de setembro de 1815 sublvase na Corua. No Manifesto aqu presente defende unha monarqua constitucional e unhas Cortes que representen ao pobo.. Unha inmediata reaccin absolutista, dirixida desde Santiago fixo fracasar este pronunciamento. Na Espaa isabelina (1833-1868) pasouse definitivamente do Antigo Rxime a un Estado liberal; tdolos liberais eran partidarios dunha monarqua constitucional pero estaban divididos en das tendencias, moderados e progresistas( partidarios de limitar en maior medida as atribucins da Coroa). A intervencin militar, nesta poca, foi un fenmeno crnico debido a que o desexo dos polticos de contar co apoio militar foi moito mis lonxe do que impn a necesidade en tempos de guerra. Esa actitude via en boa medida determinada pola escasa influencia social dos partidos e, en consecuencia pola sa propia debilidade. A esto sumouse a ambicin poltica de moitos xefes militares que van a poltica como a culminacin da sa carreira. O mtodo de intervencin era o pronunciamento militar: unha tentativa revolucionaria, empregada polas distintas faccins liberais, que pretende de

forma ilegal, derrubar o Goberno ou presionar sobre el para que adopte certas reformas ou para cambiar o sistema poltico. Supn sempre contar co apoio de certos xefes e forzas militares que se sumen a esas peticins de cambios. Pode ir acompaado ou non de revoltas populares nas cidades ( Xuntas Revolucionarias). Un pronunciamento d lugar a un rxime civil ( progresista ou moderado). Hai que ter en conta que o sufraxio censitario non permita os cambios legais de Goberno e un pronunciamento era o ncio camio, sobre todo no caso dos progresistas, dada a preferencia da monarqua polos gobernos moderados e ultramoderados. Neste perodo, os xenerais ( espadns) como Espartero, ODonell, Narvez, Prim etc... convrtense en rbitros da situacin poltica , e incluso chegan xefatura de Goberno. Tras o xito dunha accin revolucionaria, a Coroa, atemorizada ante unha posible radicalizacin que dera lugar formacin dun poder paralelo, capitula e chama a gobernar aos lderes progresistas; o novo goberno progresista reconduce a revolucin disolvendo as Xuntas Revolucionarias ( concesin de cargos), convocando Cortes e autorizando a Milicia Nacional. Deste modo vltase normalidade, pero abandnanse os obxectivos ltimos da revolucin e a Coroa, a pesar dos cambios introducidos, conserva cseque todas as sas prerrogativas. Pasado o perigo, desilusionado o pobo ante os cambios prometidos e non realizados polas novas autoridades, a Coroa restablece o predominio moderado. Disto fala o comentarista do Pensamiento de la Nacin (1846), recollido no Doc.2. Nel o autor critica a situacin que acabamos de describir entre moderados e progresistas, e a preponderancia e intervencin militar nestes asuntos, que segndo el vn dende a poca de Fernando VII ; o poder civil est sometido poder militar. Non se trataba soamente de que o Exrcito fora lugar de refuxio de liberais, simplemente, o Exrcito era a nica institucin slida do Estado constitucional. Foron os partidos os que recurriron intervencin militar e por iso os xenerais acabaron por ser dirixentes polticos e en ocasionais intrpretes da vontade popular. Citemos outros pronunciamentos que fixeron variar a poltica do momento: Agosto de 1836, un grupo de sarxentos ( rebelin dos sarxentos da Granxa), obrigan Rexente, m Cristina, a firmar a Constitucin de Cdiz. Chegan poder os progresistas. - 1843. Sublevacin do Xeneral moderado Narvez, derrota a Espartero, que se exilia en Inglaterra. Inicio da Dcada Moderada - Xuo de 1854. O Xeneral ODonnell pronnciase en Viclvaro ( Vicalvarada), mesmo tempo Serrano fai pblico o Manifesto de Manzanares, redactado por Cnovas. ( pronunciamento de forzas distintas para lograr mis apoio social). Inciase o Bienio Progresista. - Setembro de 1868. Cdiz, pronunciamento dirixido por Prim, Serrano e Topete.( A Gloriosa). Inicio do Sexenio Democrtico. Fra da poca isabelina: - Xaneiro de 1874, o xeneral Pava entra nas Cortes e acaba coa 1 Repblica, outro Xeneral, Serrano, asumiu o poder executivo da

Repblica, mentres o exrcito combata e reduca aos cantonalistas e carlistas. Decembro de 1874, o Xeneral Martnez Campos proclama en Sagunto Rei de Espaa a Alfonso XII, en contra dos desexos de Cnovas que non quera intervencin militar ningunha. Inciase a Restauracin borbnica.

A partir de 1875, o desexo de evitar a conflitividade poltica que poda traer consigo a desaparicin da monarqua ( como xa acontecera en 1868) levou s distintas faccins monrquicas e liberais a establecer e acordar entre eles o relevo pacfico e alternativo no Goberno. Foi o sistema canovista ou da quenda de partidos , caracterstico do perodo da Restauracin borbnica. O Exrcito constitua, xunto Coroa e s partidos dinsticos, outro dos piares bsicos. O sistema deseado por Cnovas pretenda acabar coa tradicional intervencin do exrcito na vida poltica. Era preciso, pois, achegar mecanismos constitucionais que afastaran o exrcito da sa intromisin na vida poltica e parlamentaria. Para iso, estableceuse a supremaca do poder civil sobre o poder militar, pero outorgando a cambio a autonoma da milicia e a absoluta liberdade do xeneralato nos asuntos internos dos militares. vez, potenciouse a identificacin do Rei como o smbolo e a cabeza visible do exrcito. As vitorias nas guerras carlistas e cubana dos primeiros anos da Restauracin concederon certo prestixio aos militares, feito que favoreceu a sa participacin na vida poltica e a sa integracin nas filas dos partidos conservador e liberal. Agora ben, o proceso de despolitizacin do exrcito foi mis aparente que real, xa que a autonoma do poder militar acabou convertndose nun instrumento de presin sobre a vida civil, e dsto do que nos fala o Doc. 3., onde o historiador Raymond Carr analiza o papel do exrcito nesta etapa e defende que este estamento seguiu a influr sobre o poder civil porque era intocable por este. A comezos da dcada dos noventa comezouse a notar unha actitude crtica dos militares e o seu distaciamento do sistema poltico. A cpula militar empezou a recear da sociedade civil no seu conxunto, sobre todo da prensa, cara que demostrou unha gran animadversin, pola sa constante denuncia das debilidades e problemas internos do exrcito. sa vez, este respondeu coa crtica constante aos polticos, aos que que calificaba de ineficaces e inmorais. Esta fenda entre poder civil e militar agrandarase despois da perda das ltimas colonias; un e outro poder clpanse mutuamente do desastre do 98. Tras a derrota de 1898 desde a propia institucin militar exista a consciencia da sa feble e psima organizacin interna e a necesidade de reformar o exrcito. Para os oficiais, reformalo quera dicir tres cousas: fortalecelo ( aumentar os presupostos, o nmero de membros e o seu poder), reformalo organicamente( reforzar os rganos centrais de direccin, maior presenza nas provincias, servizo militar obrigatorio), e respectar os dereitos dos seus membros (aumento salarial, estimular ascensos etc) Ante o que eles consideraban falla de atencin por parte dos partidos monrquicos, o exrcito perde a fe na eficacia do sistema da Restauracin e

vaise afastando del , pechndose nunha actitude de defensa corporativa dos seus intereses e de desprezo sociedade civil e sistema liberal. neste momento cando nace o exrcito que protagonizar acontecementos determinantes na historia espaola dos anos que seguiron. De novo o exrcito comeza a intervir activamente en poltica; as razns: as tensins econmicas e sociais xeradas pola aparicin de novas clases sociais (proletariado), a actividade espaola en Marrocos(centro de interes polticomilitar para conseguir desquitarse da derrota de Cuba), o carcter militarista de Alfonso XIII, a crise dos partidos dinsticos, os sucesos de 1909, a campaa internacional en defensa de Ferrer i Guardia, sen esquecer o medo rexionalismo, sobre todo cataln, que far que o exrcito se apropie en exclusiva do patriotismo (militares= salvadores da patria) e do nacionalismo espaol ( unidade da nacin). Esta ser a herdanza que recibir a xeneracin militar educada na guerra de Marrocos, os africanistas, xeracin clave, como xa dixemos na historia de Espaa do sculo XX. En maio de 1902 comeza o reinado de Alfonso XIII. O novo Rei amosou desde o principio unha forte inclinacin pola intervencin nos asuntos polticos, excedendo s veces as atribucins que lle conceda a Constitucin, en especial, aquelas que tian relacin co exrcito, do que era un gran entusiasta. Como xa dixemos, o exrcito, centrado nos seus intereses corporativos, cada vez mostra posturas mis conservadoras e autoritarias. Baixo este prisma, en 1906, o poder militar impxose ao civil ao conseguir, co consentemento do Rei, a aprobacin da nova Lei de Xurisdicins pola que se someta a cdigo militar o xuzo de delitos de opinin e obra contra a patria e contra o exrcito. En 1917, o feito de que os ascensos militares dependesen dos mritos de guerra beneficiaba aos africanistas fronte aos peninsulares; o forte descontento entre os oficiais de media e baixa graduacin desembocou na formacin das chamadas Xuntas de Defensa, que reclamaban aumento salarial e opanse aos ascensos por mritos de guerra, reivindicando a antigidade como nico criterio, mesmo tempo culpaban Goberno dos males do exrcito e do pas. O Goberno de Dato declarou estas Xuntas ilegais, pero a reaccin de solidaridade entre os oficiais e a sa aberta rebelin fixrono retroceder e acabou por recoecelas. A febleza do poder civil fronte ao militar pxose de novo en evidencia. A partir de entn, os militares intervieron no nomeamento dos ministros de Guerra e conseguiron as sas reivindicacins en materias de salarios e ascensos por antigidade. Nos ltimos anos da Restauracin o exrcito tomou un protagonismo cada vez maior convertndose no principal axente represor dos episodios revolucionarios e presentndose como a solucin de forza capaz de salvar a monarqua dun sistema poltico corrupto e incapaz de solucionar os graves problemas do pas En 1921, inmediatamente despois do desastre de Annual, a prensa e os contrarios intervencin colonial culpan Goberno e exrcito; acentase anda mis o distanciamento entre a clase militar e a poltica. O Goberno dimite e iniciase un proceso parlamentario para indagar responsabilidades da

derrota. Este informe, coecido como Expediente Picasso contou coa oposicin do exrcito, que quera frear o asunto, posto que del podan derivarse responsabilidades dos mandos militares e chegar a implicar propia monarqua. O expediente non chegou nunca s Cortes, xa que das antes da data prevista para a sa discusin produciuse o golpe de Estado de Primo de Rivera. O Doc..4 relaciona unha declaracin ante a Prensa de Primo de Rivera. 1923. O capitn xeneral de Catalua pronunciouse contra a legalidade constitucional, declarou o estado de guerra e exixiu que o poder pasase a mans dos militares. Tras unhas horas de vacilacins, Alfonso XIII encrgalle a formacin de novo goberno, integrado exclusivamente por militares. A Ditadura presentouse como un rxime transitorio coa finalidade da rexeneracin poltica de Espaa, acuciada por graves males( separatismo, movemento obreiro, inseguridade, relixin pisoteada etc., etc.) A rexeneracin prometida quedou nunha gran farsa, xa que se suspenderon tdolos mecanismos electorais, prohibiuse toda actividade a partidos e sindicatos, militarizouse a orde pblica, e a renovacin poltica limitouse a substitur uns caciques por outros. Despois de sete anos, a Ditadura est desprestixiada ao mostrarse incapaz de conciliar as distintas faccins monrquicas civs e militares ( cousa que Franco si lograr), o Rei opta por retirarlle a sa confizanza e Primo de Rivera dimite, pero Alfonso XIII comprometrase excesivamente coa Ditadura e as eleccins de Abril de 1931 darn o triunfo Repblica. O goberno republicano estaba convencido de que o exrcito era unha das institucins mis necesitadas dunha profunda transformacin. As, Azaa impulsou unha reforma que pretenda crear un exrcito profesional e democrtico, poer final foro especial dos militares e asegurar a sa obediencia ao poder civil. A reforma non logrou os seus obxectivos; conseguiuse a diminucin de gastos, pero a reducin do presuposto de defensa difilcultou a modernizacin do material, armamento e equipamento; ademais, a lei foi recibida por sectores do exrcitro, sobre todo os africanistas, como unha agresin tradicin militar e provocou grandes tensins ,xa que estes sectores pretenderon recoller o descontento existente entre os grupos mis conservadores ante as reformas feitas polo goberno de esquerdas republicano ( reforma relixiosa, agraria, autonoma catalana etc). Facndose eco deste malestar, o Xeneral Sanjurjo protagonizou un golpe de estado que fracasara, e en 1933 crease a UME ( Unin Militar Espaola) como unha organizacin clandestina de militares dereitistas e antirreformistas, que tera unha activa participacin no golpe de Estado de 1936. A conspiracin militar do 36, deseada polos militares, contaba co apoio das forzas polticas mis dereitistas no interior e coa axuda alemana e italiana no exterior. A pretensin do xeneral Mola ( O Director) era establecer unha ditadura militar, que el chamou Ditadura republicana, que eliminara o perigo de revolucin que eles van ao triunfar a Fronte Popular; despois desta etapa volverase a outra situacin que non estaba claro se sera Repblica ou Monarqua. A operacin comezou o 17 de xullo en Marrocos e de ser, nun

principio, un alzamento militar fracasado pasou a ser unha guerra civil de tres anos. A guerra civil foi mis ben o enfrontamento armado entre os vellos grupos dominantes da Espaa da Restauracin, cuxo instrumento foi o exrcito, e os grupos emerxentes obreiros e burgueses que queran un sistema poltico realmente democrtico e unha orde social progresista. As reformas republicanas eran xustas e imprescindibles para a modernizacin da sociedade e economa espaolas, pero levronse a cabo con certa torpeza e as clases privilexiadas creron firmemente na proximidade dunha revolucin as que optaron por abandoar a va legal e parlamentaria e decantronse por un golpe de Estado protagonizado polos militares. Ao final o protagonista ser o Xeneral Franco. En 1939 remata a guerra civil e comeza o chamado franquismo que durar ata a morte do Xeneralsimo en 1975. A sa primeira etapa, aproximadamente ata 1959, caracterzase polo intento de establecer un Estado totalitario, moi difcil de definir de forma estrita, pois era unha mestura de ditadura militar, Estado fascista e monarqua absoluta sen rei, que ata o final da 2 Guerra Mundial inspirouse nos modelos fascistas. No Doc.5 podemos ver a Franco e Hitler en Hendaia, en 1940, cando despois do apoio dado a Franco durante a guerra espaola, o Chanceler alemn pretende cobrar o favor coa entrada de Espaa lado do Eixe na guerra mundial. O Exrcito foi sempre a columna vertebral do sistema e xamais discutiu o poder do Xeneralsimo. S lle presentaron certos problemas os xenerais partidarios dunha pronta restauracin da Monarqua, cando o Caudillo sempre pretendeu construr un rxime persoal, o de Franco. Os valores castrenses: orde, obediencia autoridade, mando nico e indiscutible, unidade da patria, nacionalismo espaol, frreo control da oposicin, sern os trazos do novo rxime que se asenta en Espaa durante case 40 anos.

You might also like