You are on page 1of 12

TEMA 6.

A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL


• Fernando morre no 1833. Isabel tiña 3 anos. O seu reino vai de 1833-68. Dividise en dúas
etapas:
◦ Rexencias (1833-43) María Cristina (33-40) e Baldomero Espartero (40-43).
◦ Isabel reina (1843-68).
• Cando se van os rexentes modificase a Constitución para que Isabel, tendo 13 anos, fose
maior de idade.
I. Rexencia de Maria Cristina
• Morre Fernando VII e Maria Cristina ( a raíña gobernadora) comeza a gobernar a
través dunha rexencia (implantase unha rexencia na que alguén goberna no nome de
Isabel posto que esta era menor de idade).
• Carlos Mª Sidro mobilízase e comeza unha guerra civil en defensa dos seus dereitos.
Os liberais achéganse a Mª Cristina (absolutista) e dinlle que se quere defender os
dereitos da súa filla, Isabel, tiña que deixar que se implantase o liberalismo. Mª
Cristina non ten outra alternativa. O pouco de subir o poder fai unha proclama na que
advirte que non vai a facer cambios.
◦ 1º Goberno:
▪ F. Cea Bermúdez (moderado) e o primeiro ministro. Un dos seus ministros,
Javier de Burgos (1833) leva a cabo a reforma provincial de España en 1833.
Desaparecen os reinos medievais. Seguiu dous criterios:
▪ Histórico: respectar o pasado histórico.
▪ Económico: procura que cada provincia teña certos criterios
económicos, como por exemplo estar na costa, cerca dun rio.
▪ Os liberais querían mais cambios e, en consecuencia, Cea Bermúdez é
destituído.
◦ 2º Goberno:
▪ Despois de ser destituído Cea Bermúdez, Martinez De La Rosa (moderado)
pasa a ser primeiro ministro. Promove un estatuto real (1834) que especifica
como van a funcionar as dúas cámaras que se estaban creando.
▪ Estamento de procedes: estaba formado polos Grandes de España
( era a nobreza mais alta), outros nobres e membros da monarquía
eclesiástica. Estes eran elixidos minuciosamente.
▪ Estamento de procuradores: formado por procuradores e
deputados. Estes eran elixidos polo pobo, pero cun sufraxio fiscal
cunha renda moi elevada, posto que aproximadamente só 16,000
persoas puideron votar en España.
▪ As dúas cámaras eran deliberantes, e dicir, discutían sobre as leis pero a que
realmente tiña o poder de cambiar era a raíña.
▪ Diversos factores fan que este goberno chegue ó seu fin:
• A guerra Civil
• Gran crise económica.
• Crise do cólera. En Barcelona aparece un brote de cólera e bótanlle a
culpa ós monxes e ós curas. Isto desprestixia o goberno de Martinez de la
Rosa.
▪ Os liberais seguen premendo e Martinez de la Rosa é destituído.
◦ 3º Goberno: Mendizabal(1835), era un liberal progresista. Destaca pola súa lei
de Desamortización “eclesiástica”(1836). Tratase dunha expropiación forzosa de
bens privados, sobre todo terras da igrexa para poxalos, pero sen indemnizalos.
As reformas levadas a cabo por Mendizabal son:
• Reorganiza a milicia nacional.
• Creu as deputacións provinciais
• Suprimiu a MESTA ( asociación de gandeiros da meseta/Castela, que foi
creada na Idade Media por Alfonso X).
• Promulga o decreto de desamortización, que prexudica á igrexa.
▪ Mª Cristina destitúe a Mendizabal posto que pensaba que ía demasiado lexos
e estaba sendo demasiado liberal.
▪ Mentres Mª Cristina estaba de vacacións no palacio da Granxa de Segovia,
dous sarxentos entran no palacio e obrígana a restituír a Constitución de
1812. Este e coñecido como o motín da granxa. Ela acepta e nomea a
Caltrava (progresista) como primeiro ministro.
◦ 4 Goberno: Calatrava. Convócanse as Cortes, e progresistas e moderados
póñense de acordo en crear a Constitución de 1837, e non restablecer a de 1812.
A partir de este momento, será goberno liberal (progresistas e moderados
enfróntanse a pesar de ser liberais).
1.1. A Constitución de 1837
◦ A partir de aquí remata o Antigo Réxime, e xa non haberá volta atrás. Entre o
33-37 houbo unha especie de transición, ata chegar ó liberalismo. A división
entre moderados e progresistas acentuarase mais.
◦ Considerada progresista, pois estes estaban no poder, pero ideoloxicamente é
pactada. Ten principios moderados e progresistas. Abandona os principios
democráticos da Constitución de 1812. Esta supón un atraso con respecto a
de 1812.
◦ Aspectos moderados :
▪ Sufraxio censatario
▪ O rei ten capacidade lexislativa e executiva.
◦ Aspectos progresistas:
▪ O rei perde poderes, redúcenlle bastante o poder.
▪ A elección da figura do alcalde de concellos seria por vontade popular.
▪ Contemplaba a existencia da milicia nacional
▪ Certa tolerancia relixiosa. ( o estado non se declara confesional, pero di
que protexerá o catolicismo).`
▪ Bicameralismo ( congreso e senado).
• Pouco despois de ser aprobada a Constitución, hai eleccións e os moderados
gañan. A maioría dos concellos estaban en mans de progresistas. Os moderados
cambian a lei de concellos, facendo que a figura do alcalde sexa elixida polo
goberno central (centralismo). O gob. Central elixirá moderados. Representa o
centralismo (todo gobernado desde Madrid). Os progresistas revélanse, pois
defenden o anticentralismo.
• Empezan a haber tumultos e comezaron as revoltas. A raíña gobernadora ten que
acudir a un militar de prestixio querido polo pobo, Espartero (progresista). Este
négase a mobilizar ó exercito contra os concellos progresistas. Mª Cristina dimite
como rexente porque estaba casada en secreto e, Espartero, o sabelo a ameazaba.
Espartero convértese no novo rexente.
II. Rexencia de Espartero (1840-1843)
• Espartero comezou a súa rexencia moi ben, pero acabou sendo rexeitado por
moderados e, inclusive, parte do sector progresista. Todo o mundo estaba na súa
contra, polo seu autoritarismo.
• So foron tres anos (1840-3). Estaba acostumado a ser militar, e quere gobernar como
tal (exceso de autoritarismo), ademais só elixía xefes de goberno que podía manexar.
• Defendía o librecambismo, abre fronteiras... A industria catalá, sobre todo o sector
téxtil, sae prexudicada. A burguesía Catalá criticouno pola política librecambista.
• Dimite en 1843, porque Narváez provoca un pronunciamento.
2.1. O Carlismo
➢ O ideal carlista é: “Deus, patria, rei, foros”.
◦ Deus: relixión católica
◦ Patria: nacionalismo.
◦ Rei: rei do antigo réxime.
◦ Foros: defensores do sistema rural onde tiveron mais apoio.
➢ A partir do comezo da rexencia, comeza a 1ª Guerra Carlista (guerra civil).
◦ 1ª Guerra Carlista (1833-39)
✔ Mª Cristina era absolutista, peor non tivo mais remedio que adoptar o
liberalismo. Carlos Mª Sidro tamén era absolutista.
✔ 2 Razóns:
➔ Dinástica. Había dúas opcións para subir ó trono trala morte de Fernando
VII, Isabel (filla) e o infante Carlos Mª Sidro (irmán). Pelexase polos
dereito do infante D. Carlos sobre Isabel.
➔ Ideolóxica. Entre unha España liberal e unha España conservadora.
Carlos ( defensa de valores tradicionais e absolutistas) e os liberais.
✔ Diferentes partidos.
➔ Burguesía, nobreza e clases populares urbanas → Liberais
◦ Burguesía: defendían o liberalismo económico.
◦ Nobreza: permitíanlle seguir tendo as mesmas propiedades, sen ser
collidas polo método de desamortización de Mendizábal.
◦ Clases populares urbanas: na cidade a xente era liberal, era un voto
mais libre.
➔ Parte do clero (xerarquía eclesiástica), vella aristocracia, campesiñado
(tradicionais), artesianos (tiñan medo da industrialización)→ Carlistas,
tradicionalistas, realistas, apostólicos (aparecen xuntas apostólicas).
◦ Clero: polas desamortizacións.
◦ Vella aristocracia: eran o antigos nobres.
◦ Campesiñado: perden a fe no sistema liberal, porque non obtiñan o
prometido.
➢ Guerra moi localizada en País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña. Houbo zonas que
non se permutaron. Nestas si, porque os carlistas tiñan moito apoio
➢ Foi unha guerra de guerrillas entre dous bandos pobres, aínda que os carlistas eran
mais pobres que os liberais. Os liberais tiñan suministros do estado. Usaban a táctica
de guerrillas. Destacan 2 expedicións:
✔ Expedición de Gómez. Consegue mais ou menos 4,000 homes. Formou un
exercito e quería estender as zonas de goberno carlista. Recorre unha larga
distancia por España (4,000 km) para converter as cidades en carlistas. Cando
conquistaban unha cidade, impoñían un novo goberno, unha nova moeda...
pero o marchar, tiñan que levar todos os homes da cidade, todo volvía a ser
como antes, nacional.
✔ Expedición Real. Foi dirixida polo propio infante (+ 30,000 homes). Van cara
Madrid e chega as súas portas. Madrid estaba desprotexida. Decide dar
marcha atrás, e non conquistar a capital. Moi significativo, pois provoca
desunión. Os problemas eran; gobernar unha cidade liberal, e ausencia de un
goberno.
➢ Hai unha desunión, e no 1839, un sector deles firma o Abrazo de Vegara con
Espartero e Maroto, e finaliza a guerra Carlista. Sen embargo houbo outros carlistas
que seguían, ata 1840.
➢ Carlos vaise de España, exiliándose a Francia.
➢ Entre 1846-9 houbo outra, centrada en Cataluña.
➢ A 3º é entre 1872-6.
➢ Constitúen un partido e son votados.
III. O Reinado de Isabel II (1843-1868)
• No ano 1843 Isabel ten 13 anos, e había que buscar outro rexente, pero ninguén
quería. A constitución de 1837 seguía vixente, pero cambiárona para declarar a Isabel
maior de Idade con 13 anos, de forma que podía reinar. (Enmienda: modificar a
constitución). O seu reinado durará ato o 68 cando será destronada.
• Divídese en tres etapas:
I. Década Moderada (44-54)
II. Bienio Progresista (54-56)
III. Regreso dos Moderados (1856-58)
IV. Época moderada unionista (1858-68)
• Casa con 16 anos co seu curmán, Francisco de Asís, pero ós 17 anos xa está
divorciada. Nos seus 25 anos de reinado houbo mais de 50 gobernos. Será moi
influenciada por persoas externas como Sor Patrocinio das chagas.
• Dende o 44 ó 68 todos os anos foron de goberno moderado, os progresistas só
estiveron 2 anos.
3.1. Os Partidos políticos
◦ Moderados/ Progresistas/ Partido demócrata/ Unión Liberal (unionistas).
Moderados: defendían a soberanía compartida. Reacios cara a cesión de
liberdades o pobo. Sufraxio censatario... moderación.
Progresistas: soberanía nacional. Mais liberdades, sufraxio censatario ( mais
amplo).
Partido Demócrata: era unha minoría, un grupo reducido que aparece como
consecuencia de que determinados progresistas estaban descontentos co seu
partido e marchan del. Soberanía nacional, sufraxio universal, mais
liberdades, instrución política, desamortizacións...
Unionistas: fundado polo comandante O'Donell. Pretendía ser un partido de
centro para agrupar moderados e progresistas descontentos co seu partido.
Funcionan mais como moderados. Ten protagonismo na etapa final.
◦ En case todos había un militar que controlaba a situación dos partidos. Os
partidos eran débiles. Fichan a militares de prestixio para que sirvan de gancho
para a xente e se había necesidade militar. Eran os espadóns.
◦ Espadóns:son os que realmente controlan a política. Tamén podían poñer o
exercito en favor dun partido. Era unha política moi militarizada. Narváez,
Serrano, O'Donell....
◦ O exercito seguiu substituíndo a través dos pronunciamentos a mecánica
electoral, para asegurar o cambio político, pois a fraude electoral xeneralizada
non deixaba vías de acceso ao poder para ós progresistas.
I. Década moderada (1844-1854)
Narváez é o home mais importante de esta etapa. Estivo gran
parte do goberno. Autoritario, conservador e moderado.
Como a constitución de 1837 estaba vixente e era considerada
progresista, os moderados queren outra. O problema das
Constitucións do S. XIX é que eran constitucións de partido;
ideoloxicamente condicionadas. A Constitución de 1845 é de
carácter moderado. Características:
Suprime a soberanía nacional → soberanía compartida
(cortes e rei).
Reducen a participación electoral →renda elevada.
Redúcense as liberdades (sobre todo as individuais) pola
orde pública.
Queda supremacía política da coroa → obteñen mais
poder do que tiñan antes.
Estado confesional → Relixión católica.
Reformas levadas a cabo polos moderados (para iniciar a
reorganización administrativa do estado liberal emprendendo
retos transcendentais)
Organización territorial do Estado. Crean a figura do
goberno civil, un por provincia, que mantén a orde
pública na provincia. Era nomeado polo goberno central.
Segue a división de Javier de Burgos. A lei de concellos
era complexa, depende de quen estea no poder.
Reorganización de instrución pública (educación).
División cada vez maior entre a igrexa e o estado, unha
desvinculación. Ata a época, o ensino era da igrexa, e os
Xesuítas, e foi descentralizado. Créanse leis que regulan o
ensino, establecen leis de ensino primario para que todo o
mundo poda ler e escribir. Para as clases medias, había
un ensino secundario do que, posteriormente, pasábase a
universidade.
Intentos de independizar a administración política. A
administración non era eficaz e o goberno intentou
melloralo. Había moitos funcionarios corruptos. Os
cesantes eran funcionarios despedidos a causa dun
cambio de ideoloxía no goberno. Estableceuse que para
chegar a ser funcionario había que facelo por méritos
propios. Lei de Funcionarios.
Reforma fiscal. A facenda pública estaba mal. Reforma de
Mon e Santillán en 1845, para sanear a facenda do
estado. Reformase o sistema tributario. Reestrutúranse os
impostos; directos (renda e patrimonio) e indirectos
(consumo de artigos, IVA). Estes últimos derivaron nos
motíns de consumo (motíns populares por estar en contra
destes impostos).
Os moderados querían orde pública e crean un novo
código penal, que estivo vixente mais de 100 anos.
Crean a Garda Civil (moderados posto que estaban en
contra da milicia nacional). Corpo de instrución e
estrutura militar para funcións civís. Controlar a orde
pública, sobre todo nas zonas rurais. Crease coa idea de
substituír a milicia nacional.
Os últimos gobernos ( de moderados, en especial o goberno de
Murillo), preocupáronse de (obras públicas) facer a Lei de
Ferrocarrís (1851), que regula a construción da rede ferroviaria.
Explica e matiza como construíla.
Faise o concordato de 1851 ( acordo entre España e o Vaticano,
pois as relacións coa igrexa católica estaban deterioradas por
mor da desamortización) Os católicos que compraran as terras
como os que as poxaban e requisaban, foran excomungados.
Recoñecese a confesionalidade de España. A igrexa volve a
educación e a censurar publicacións. A igrexa acepta a
desamortización a cambio das medidas previas. (voltase a
establecer a relación igrexa-estado).
Os problemas en España continuaban e Murillo adoptou
medidas mais autoritarias e os progresistas mobilízanse mais
intensamente ( Os primeiros 5 anos de época moderada, había un
pronunciamento militar cada 17 polos progresistas). Os
progresistas voltan a pronunciarse. Estes sabían que só podían
chegar ó poder por conspiracións ou pronunciamentos. Un
pronunciamento militar da lugar a un cambio de réxime.
II. Bienio Progresista (1854-56)
Conseguiron o apoio militar suficiente e, o xeneral O'Donell e
outros espadóns, levántanse e teñen éxito. Pronúncianse en
Vicálvaro o 28 de xuño. Publican un manifesto co ideario dos
seus proxectos (Manifesto de Manzanares). Eran propostas dos
progresistas que son aceptadas por Isabel II, pero chama a
Espartero para que fose o seu xefe de goberno. O'Donell será o
ministro da guerra. Queren eliminar a Lei de Concellos.
Medidas:
Retiran a Constitución de 1845 e implantan, de novo, a
Constitución de 1837 mentres que non facían a
Constitución de 1856, que non chegará a ser nata (non
nacida) porque non entrou en vigor. Esta Constitución tiña
máis liberdades, e había un cambio na lei municipal,
defendendo unha política centralista.
Aplícase unha nova lei de concellos, na que o alcalde será
elixido polo pobo.
Pascual Madoz foi un ministro de goberno que rescata a
idea da desamortización de Mendizabal e a leva a cabo en
1855. Non respecta o Concordato. Foi o dobre de intensa
que a de Mendizabal e era cara a igrexa e os ben
municipais (bens comunais). Sofren os campesiños e
aumenta o número de xornaleiros en España.
Nova lei de Ferrocarrís (1855). É unha ampliación da
anterior, moito mais desenvolta. Faise porque o ritmo de
construción do ferrocarril acelerouse. Desempeñan unha
linda de ferrocarrís baseada nun sistema radial. Moito
máis permisiva ca anterior. Permiten que empresas
estranxeiras (os que saen beneficiados, como a Francesa)
se beneficiasen. Moito librecambismo.
III. Regreso dos moderados (1856-58)
O'Donell forma o partido liberal (unionista) tras despedir a
Espartero e declarar a Constitución de 1845. Este partido era
máis de centro, para persoas descontentas dos dous grupos.
Realmente foi moderado.
Isabel II substitúe a O'Donell por Narváez os tres meses. Narváez
dimite no 58, e O'Donell volve ó poder.
España converteuse nun campo de traballo itinerante para tres
millóns de xornaleiros. Era un problema polos problemas que
podían dar. Narváez dimitira por iso.
IV. Época unionista (1858-68)
Os primeiros anos foron bos, pero os últimos foron malos.
Inténtase garantir as liberdades e a orde pública para contentar a
moderados e progresistas. Hai un certo crecemento económico.
Existencia de tranquilidade política. Anúlase a desamortización e
intentase encauzar as relacións coa igrexa.
Inícianse as guerras de prestixio, para contentar o exercito e a
euforia de España. Queren recuperar o prestixio perdido.
Marchan a loitar contra vietnamitas, chilenos... A máis destacada
e a de Marrocos, onde se conquistou Tetuán.
3.2. Os problemas internos (causas/razóns caída de Isabel II).
Revoltas campesiñas. O campo español foi moi conflitivo. Había un excesivo número de
xornaleiros que estaban descontentos co sistema de goberno. Había revoltas constantes.
Esgotamento do modelo político moderado. Isabel II sempre acudía a Narváez e O'Donell
pero o morrer, Isabel queda sen líderes moderados. Os progresistas radicalízanse e fan, en
Bélxica, o Pacto de Ostende (1866) para derrocar a raíña Isabel. Participaron progresistas,
demócratas e republicanos. Era esperar o momento oportuno para pronunciarse.
Desprestixio da casa real. Isabel era inculta, era influenciada por unha monxa e un cura,
infidelidades...
Crise financeira e de subsistencias. No ano 1865, cae a bolsa (empresas ferroviarias) nunha
época de malas colleitas.
No ano 1868 (setembro), organizan un pronunciamento militar e comeza o sexenio
democrático.
Isabel II exiliase a Francia sen renunciar ós seus dereitos ó trono.
IV. Sexenio (revolucionario) democrático (Set. 1868 – Dec. 1874)
• Os xenerais Serrano, Prim e Topete pronúncianse en Setembro de 1869.
• Nos próximos anos terán lugar: revolución, rexencias, repúblicas, insurreccións,
guerras civís...
• Primeiro está o proceso revolucionario, onde os xenerais actúan, e Isabel ten que
exiliarse. Esta revolución chamase a Gloriosa ou Setembrina. Primeira vez que se
intenta impoñer un réxime democrático, no que se crea a Constitución do 69, moi
democrática.
• Despois da revolución, implantase un goberno provisional, presidido por Serrano,
formado por unionistas e progresistas. O goberno fai a proclama dun manifesto, que
se trata dunha declaración de dereitos. Estes son algúns deles:
➢ Sufraxio Universal
➢ Liberdade de cultos, de ensino, de reunión, asociacións pacíficas, de
imprenta...
➢ Descentralización.
➢ Abolición dos foros
• Neste goberno provisional faise a Constitución do 69, que recolle os principios do
manifesto. É unha mistura da do 12 e do 45. Algúns dos seus principios
fundamentais son:
➢ Soberanía nacional.
➢ A forma de goberno é a monarquía (será un dos períodos do sexenio).
➢ As cortes teñen o poder lexislativo.
➢ O rei ten o poder executivo, pero este é exercido polos ministros.
➢ Dúas cámaras de goberno; senado e congreso.
➢ Só se poderían impoñer novos impostos se, anteriormente, foran
aprobados polas cortes.
➢ Dereito de asociación
➢ Liberdade de imprenta
➢ O estado español non se declara confesional (protexe o catolicismo)
Liberdade de cultos.
• Os demócratas non foron tomados en conta para o primeiro goberno e o sentirse
rexeitados comeza o republicanismo.
• A constitución do 69 recoñece o dereito de asociación e de reunión. Esta é a primeira
vez que se acepta. As corte tiñan que desenvolver a lei que regula este dereito, pero
non se fai ata finais do século XIX. Isto permite que apareza o AIT.
◦ Principais ideoloxías do movemento obreiro.
▪ 1869 → Achegase a España o italiano G. Fanelli que funda, en Barcelona, la
organización de las tres clases del vapor (anarquista).
▪ 1871 → Achegase P. Lafargue (que era xenro de Marx). Vai a Madrid e
difunde, nun grupo de tipólogos, o socialismo marxista. Pablo Iglesias
(Fundador do PSOE), que era un destes tipólogos, recolle os principios de
Marx.
▪ 1864 → Marx funda AIT ( asociación internacional dos traballadores). A
revolución industrial trouxo a explotación dos traballadores ( proletariado
industrial e rural), que traballaban 12 ou 14 horas por un salario mínimo
(mulleres, homes, nenos...). Marx critica o capitalismo. Os obreiros intentan
asociarse para obter logros. Os gobernos burgueses perséguenos e os obreiros
fracasan.
▪ 1848 → Marx publica o manifesto comunista que é o primeiro movemento
obreiro. Promove o AIT ó que acoden tendencias diversas: socialismo
marxista e anarquismo (sociedade libre). Triunfa o socialismo marxista.
▪ Había dous tipos de anarquismo: anarquismo moderado e anarquismo radical.
España foi o pais mais anarquista de Europa. Varios xefes de goberno
morreron en mans de anarquistas. O anarquismo difúndese, sobre todo, polas
zonas rurais.
▪ O socialismo marxista expándese mais lentamente que o anarquismo (poucos
traballadores independentistas).
4.1. Búsqueda dun rei para España
Como non había rei, Serrano é nomeado rexente e Prim xefe de goberno.
Ademais, Cuba, comeza a reclamar independencia. Quérese buscar un rei, e
acabase provocando un conflito europeo. Non se quería un Borbón. Buscan
candidatos nas casas reais europeas. España manda unha petición ó
emperador alemán para ser rei (encontrábase no balneario de Ems). Este
desestima a petición. Francia (gobernada polo sobriños de Napoleón
Bonaparte, Napoleón III), quen non quería que o alemán chegase ó poder,
manda un telegrama pedíndolle que renuncie. Otto Von Bismarck, modifícao
para que pareza unha declaración de guerra, e publícao. Comeza a guerra
franco-prusiana (1870-1) que será gañada por Alemaña. Cando Francia perde
a guerra, hai un bacío político en París. Aparece a comuna parisina na que os
que se presentan as eleccións son albañís, obreiros... e dicir, xente normal. O
goberno central manda un exército para disolvelos e P. Lafargue, ven cara
España fuxindo. Alemaña unifícase e Italia tamén (invade Roma).
Amadeo I de Savoia (Italiano / fillo de Victor Manuel) acepta o trono
Español.
4.2. O reinado de Amadeo I
Amadeo, príncipe de Italia, era o mellor candidato para a coroa española. O
seu principal defensor era Prim, que morre, días antes de chegar Amadeo I,
en estrañas circunstancias (foi tiroteado por un grupo de anarquistas e o
infectarse as feridas morreu). Amadeo era moi xove e non sabía falar
castelán. Non tiña carisma.
Quere ser un rei que se rexa pola constitución do 69. Non foi aceptado pola
clase política posto que estes eran corruptos e Amadeo non. Os progresistas
se dividen, radicais ( de M. Zorrilla) e os moderados (de Mateo Sagasta).
Comeza a terceira guerra carlista e a guerra de Cuba. Amadeo vese
desbordado pola situación e dimite.
Discurso de renuncia: Dos años largos ha que ciño la corona de España, y la
España vive en constante lucha, viendo cada día más lejana la era de paz y de
ventura que tan ardientemente anhelo. Si fueran extranjeros los enemigos de su
dicha, entonces, al frente de estos soldados tan valientes como sufridos, sería el
primero en combatirlos; pero todos los que con la espada, con la pluma, con la
palabra agravan y perpetúan los males de la nación son españoles; todos invocan
el dulce nombre de la patria; todos pelean y se agitan por su bien, y entre el
fragor del combate, entre el confuso, atronador y contradictorio clamor de los
partidos, entre tantas y tan opuestas manifestaciones de la opinión pública, es
imposible afirmar cuál es la verdadera, y más imposible todavía hallar remedio
para tamaños males. Los he buscado ávidamente dentro de la ley y no lo he
hallado. Fuera de la ley no ha de buscarlo quien ha prometido observarla.

Non queren buscar a outro rei en Europa, tampouco querían ós borbóns, e


deciden proclamar unha república.
4.3. A I República (1873-74)
Comeza o 11 de Febreiro de 1873 e dura 11 meses.
1) Proclama a república un parlamento monárquico.
2) Aplícase a constitución de 1869, que é monárquica.
3) Os republicanos convencidos eran unha minoría e estaban divididos
(federal e unitaria)
4) Escaso apoio popular, posto que o pobo era monárquico.
5) Período moi inestable.
6) República presidencialista ( o cargo de xefe de estado [rei] e de xefe de
goberno [ZP] recaen na mesma persoa) // Presidente da república e xefe
de estado.
A república federal: o territorio divídese en “estados” menores que forman o
estado federal.
República unitaria: única unidade político-administrativa.
República cantonalista: no intento de facer de España un estado federal, fase
que as provincias se convertesen en Cantóns (división territorial). As
provincias decláranse cantóns independentes e revoltanse contra o goberno
central.
Había dúas guerras civís o mesmo tempo: a cantonalista e a carlista.
Presidentes da república:
1) Estanislau Figueras ( en febreiro 73).→ Unitario
2) Francesc Pi i Margal ( xuño 73) → Federalista. Intentase crear unha nova
constitución que non será nata, xa que estaba a constitución do 69. A
situación deriva (durante a súa presidencia) a insurrección cantonalista,
pois todas as medidas de corte federal eran moi lentas, e os concellos
querían rapidez. A xente comeza a unirse para intentar conseguir terras ou
un lugar onde traballar. Tratábanse de reivindicacións sociais Finalmente,
Pi i Margal, dimite.
3) Nicolás Salmerón ( a mediados de xullo 73) → Unitario moderado. Os
militares acaban coas insurreccións cantonalistas. (anteriormente)os
militares eran liberais, pero estes pásanse a dereitas, son conservadores,
porque a defensa de ideas radicais derivaba en insurreccións, revoltas.
Finalmente dimite porque se nega a firmar sentencias de morte
4) Emilio Castelar ( principios de setembro 73). Firmaba sentencias de
morte. Como gobernar coas Cortes ralentizaba as medidas, solicita que se
poda gobernar por decreto, sen Cortes. Consegue controlar a situación.
Tres meses mais tarde, ábrense as Cortes (xaneiro 74), que consideraron
que Castelar se extraditou. Foi feito dimitir, e cando e dispoñían a elixir
un novo presidente, Pavía da un golpe de estado o 3 de xaneiro de 1874.
Serrano preside un novo goberno provisional que intenta restablecer a orde
en Cuba. Foi así ata fins de decembro, cando Martinez Campos da un golpe
de estado, e designa a Alfonso XII como rei de España (posto que Isabel II xa
abdicara no seu fillo). Serrano exiliase e Cánovas del Castillo foi nomeado
presidente do ministerio da rexencia. Xa levaba tempo traballando niso. O
comezar esta nova situación política finaliza o Sexenio Democrático.
V. Inicios do réxime liberal en Galicia
Provincialismo → Rexionalismo → Nacionalismo
A Coruña foi moi liberal. O paso de “Reino de Galicia” a “Galicia” ( división
provincial) provoca rexeitamento polos liberais e comezan a defender a identidade
galega (lingua propia, menos centralización...)
Dereito dos pobos de gobernar pos si mesmos.
Sentimento nacionalista: defendese a identidade propia ( galega)
Manifestacións galeguistas ( sobre todo culturais, pero tamén políticas).
Quérese un certo autogoberno, para poder xestionar algunhas cousas. Como Madrid
non deixaba, empezan a xuntarse e publicar literatura en galego.
Gran número de pronunciamentos militares.
Un dos pronunciamentos foi o de Miguel Solís (militar de graduación media-alta) no
46, contra o goberno de Narváez. Tivo apoio en Santiago, Ourense... En Santiago
créase a xunta superior do goberno de Galicia ( vicepresidente era Antonín Faraldo).
Proclaman un manifesto que será considerado a primeira proclama de galeguismo.
Provincialismo (1840 – 1880)→ Os liberais acaban co concepto de reino de Galicia e
defenden a idea de que Galicia é unha provincia que forma parte do estado español
(Goberno propio). Os moderados perseguiron os provincialistas (politicamente).
Pasase ó movemento cultural e aparece o rexionalismo. ( Inténtase defender a
autonomía de Galicia).
Rexionalismo: seguiuse a opción federalista.

You might also like