You are on page 1of 7

= '''Explica o experimento de Redi.''' =

Redi, no século XVII, demostrou que a teoría da xeración espontánea non era certa. Fíxoo m
ediante o seguinte experimento: colocou anacos de carne e distintos peixes en re
cipientes, uns cubertos cunha muselina moi fina e outros sen cubrir, e ao cabo d
uns días só medraran vermes brancos nos recipientes abertos debido a que as moscas p
uxeran os ovos alí a partir dos cales se desenvolveron larvas.

= '''Que amosou Spallanzani?''' =

Spallanzani, no século XVII, amosou que quentando e seguidamente selando caldo de
carne en diversos recipientes non se xeraban microorganismos mentres os recipien
tes estivesen hermeticamente pechados; polo tanto demostrou que non existía a xera
ción espontánea.

= '''Quen foi o que refutou a teoría da xeración espontánea? Como o fixo?''' =

Foi Louis Pasteur quen demostrou que os organismo non se xeraban espontaneamente
, xa que cos experimentos de Redi e de Spallanzani aínda quedaban dúbidas. O experim
ento co que o demostrou consistía en: ferveu caldo de carne nun matraz para elimin
ar os posibles microorganismos e logo coa chama estirou e curvou o pescozo do ma
traz en forma de S para que non entrasen microorganismos. Observou que no interior
non se desenvolvía vida, así que inclinou o matraz para que entrasen en contacto o
caldo co pescozo curvado e rapidamente desenroláronse bacterias que descompuxeron
o caldo.

= '''Cales foron as condicións necesarias para que se orixinase a vida no noso pla
neta?''' =
A atmosfera primitiva posuía un carácter redutor (atmosfera redutora) xa que carecía d
e osíxeno libre, e probablemente estaba composta por gases (metano, amoníaco, vapor
de auga, dióxido de carbono e sulfuro de hidróxeno). Eses gases reaccionaron sendo b
ombardeados por unha intensa radiación (radiación solar ultravioleta, faíscas eléctricas
de tormentas, radioactividade natural, vento solar, actividade volcánica e raios
cósmicos) dando lugar a pequenas moléculas orgánicas. A vida puido orixinarse grazas a
existencia de auga líquida.

= '''Responde:''' =

== '''Que postula a teoría da Panspermia?''' ==
:A teoría da Panspermia postula que a vida chegou á Terra en forma de esporas bacter
ianas provenientes do espazo exterior e impulsadas pola presión da radiación das est
relas.
== '''Cales eran as condicións da atmosfera primitiva?''' ==
:As condicións necesarias foron unha atmosfera redutora, xa que carecía de osíxeno lib
re, e que probablemente estivese composta por gases como metano, amoníaco, vapor d
e auga, dióxido de carbono e o sulfuro de hidróxeno.
== '''Que é a sopa ou caldo primitivo?''' ==
:O caldo ou sopa primitiva é o resultado de que a choiva arrastrara os compostos q
uímicos atmosféricos ata os océanos onde se disolveron. Iste foi o primeiro paso cara
a vida.
== '''Cal foi a primeira biomolécula con capacidade catalítica?''' ==
:Foi o ARN (actualmente o ARN e as proteínas teñen a función catalítica do noso corpo).
== '''Cando xurdiron as primeiras células e cales foron?''' ==
:As primeiras células que apareceron na Terra foron as bacterias heterótrofas anaeróbi
cas fermentadoras, que xurdiron hai máis de 3800 millóns de anos.
== '''Por que se cree que foi substituído o ARN polo ADN como almacén da información x
enética?''' ==
:Porque o ADN é unha molécula máis estable e as funcións catalíticas serían asumidas polas
ncimas, proteínas cuxa secuencia de aminoácido sería modificada polo propio ADN.
== '''Que son os órganos homólogos? Pon un exemplo.''' ==
:Son aqueles órganos que teñen a mesma orixe aínda que non desempeñen a mesma función nin
se parezan fisicamente. É o caso dun brazo humano e da aleta dun delfín.
== '''Que é a evolución diverxente?''' ==
:É a evolución caracterizada polo aumento das diferenzas entre os descendentes dunha
única especie ancestral a medida que pasa o tempo; tiveron unha orixe común pero es
as semellanzas afastáronse, dando lugar aos órganos homólogos.
== '''Que é a hibridación do ADN? E o bandeado cromosómico?''' ==
:A hibridación do ADN é a capacidade deste para recompor as pontes de hidróxeno entre
as bases das súas cadeas        tras ser sometido a un proceso
de desnaturalización mediante calor.
O bandeado cromosómico é unha técnica que consi
ste no estudo da diferenciación lonxitudinal e a caracterización     &nbsp
;  de cada par de cromosomas homólogos.

= '''Como explica Oparín a orixe da vida na Terra?''' =

Oparin propuxo que os compostos químicos que existen na atmosfera primitiva servir
on de materia prima para a síntese dos compostos orgánicos máis simples dos seres vivo
s. Os primeiros seres vivos aparecerían tras unha longa evolución prebiótica.

= '''Que comprobou experimentalmente Miller? En que consistíu a súa experiencia?'''<

br> =
Miller demostrou experimentalmente as primeiras etapas da teoría de Oparin, median
te o seguinte experimento: introduciu unha mestura de gases que supostamente for
maban a atmosfera primitiva (metano, amoníaco e hidróxeno) nun recipiente de vidro c
heo de auga a ferver. Fixo pasar descargas eléctricas a través da mestura mediante u
ns eléctrodos durante unha semana, simulando as tormentas. Unha vez arrefriado, an
alizou o contido do recipiente e comprobou que varios compostos orgánicos sinxelos
se sintetizaran, como os aminoácidos, compoñentes básicos da vida.

= '''Explica como se formaron as primeiras moléculas orgánicas e describe o proceso

de evolución celular.''' =
É posible que os gases da atmosfera reaccionasen de forma espontánea bombardeados po
r unha intensa radiación dando lugar á formación de pequenas moléculas orgánicas.
A choiva arrastrou os compostos químicos atmosféricos aos océanos onde se disolveron d
evagar e deron lugar á formación do caldo primitivo.

O conxunto de moléculas orgánicas, reaccionaron coa auga, creando ladrillos biolóxicos
. Estes interactúan entre si e aparecen os primeiros polímeros de interese biolóxico.
No caldo primitivo xorden unhas microestructuras que agruparon os diferentes polím
eros e nos que se desenvolveron complexos procesos que permitiron os primeiros s
istemas autorreprodutivos.

= '''Que opinaban Linneo e Cuvier.''' =

Os dous defendían o fixismo pero con distintos puntos de vista:
Linneo consideraba que as especies foran creadas dunha maneira independente e ne
gou a posibilidade da orixe común dos seres vivos e que estes atopábanse invariables
ao longo do tempo.
Cuvier propuxo que a Terra estivera exposta a grandes catástrofes que orixinaron d
e xeito brusco grandes cambios. As especies permañecían sen sufrir transformacións ata
que cunha gran catástrofe, desparecían e Deus creaba unhas novas.

= '''Explica os dous puntos nos que se baseaba a hipótese evolucionista de Lamarck

*'''A función crea o órgano: '''os organismos están continuamente esforzándose para adap
tarse ao medio. Continuamente están desenvolvéndose os órganos máis empregados e se prod
uce unha atrofia dos menos empregados.
*'''Os carácteres adquiridos son herdados: '''as series de modificacións e de caract
eres adquiridos por un individuo ao longo da súa vida son herdadas polos seus desc
endentes.

= '''Lamarck empregou o exemplo da xirafa para explicar a súa teoría; como sería a exp
licación darwiniana para este feito?''' =
Os antecesores das xirafas eran individuos baixos, con patas e pescozo dun tamaño
normal, que se alimentaban do pasto dos campos. Algún cambio nesa zona provocou qu
e esa fonte de alimentación se acabara e tiveron que recorrer a coller o alimento
de arbores. Neste momento é onde destacan as máis adaptadas, as xirafas máis altas sob
revivirían xa que serían as únicas que poderían alimentarse e crearían a seguinte xeración,
mentres que as menos adaptadas morrerían. A nova xeración nacería co caracter herdado
de seren máis altas.

= '''Nomea a explica os catro principios nos que se basea a teoría da evolución de D

arwin-Wallace.''' =

*'''Elevada capacidade reprodutora dos seres vivos: '''nacen máis descendentes dos
necesarios para substituír aos que morren. O tamaño das poboacións mantense constante
debido a que os recursos son limitados. Isto provoca unha loita pola existencia

*'''Variabilidade das poboacións: '''existen unha inmensa variabilidade entre os i
ndividuos dunha zona e mesmo entre os descendentes dunha mesma parella. Soamente
uns cantos terán posibilidade de sobrevivir ata chegar a idade reprodutora e apar
earse.
*'''Selección natural: '''nun ambiente hostil, formúlase unha loita entre os individ
uos dunha poboación. Só os mellor adaptados que amosan carácteres vantaxosos son quen
de sobrevivir.
*'''As especies evolucionan: '''Os individuos que sobreviven forman a seguinte x
eración . Así as variacións irán acumulándose nas poboacións e, co tempo, xerando novas esp
cies.

= '''Por que o neodarwinismo tamén recibe o nome de Teoría sintética da evolución? A que
se debe a evolución segundo esta teoría?''' =
Porque se leva a cabo unha síntese entre a teoría da evolución darwiniana e a xenética m
endeliana. Segundo esta teoría, a evolución débese a dous feitos fundamentais:
#'''Existencia dunha variabilidade xenética da poboación''', existe un gran número de
xenotipos distintos. As variacións son causadas polas mutacións (cambios ao chou na
formación xenética almacenada no ADN) e pola recombinación xenética (producida durante a
reprodución sexual).
#'''Selección natural''' que elimina os xenotipos menos vantaxosos e per
mite a existencia dos mellor adaptados os cales conseguen unha combinación xenética
beneficiosa

= '''Explica: concepto de Selección natural ; teoría neutralista; teoría saltacionista.''

A selección natural refírese a que só os individuos máis aptos sobreviven é teñen máis posi
idades de reproducirse e transmitir eses carácteres vantaxosos á descendencia nun mu
ndo con recursos limitados.
Na teoría neutralista, é o puro azar o que fai que varíen as poboacións, nas cales un xe
ne mutado pode dispersarse sen ter ningunha vantaxe selectiva.
A teoría saltacionista formula que a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil
non se debe a que sexa incompleto, senón a que, en ocasións, a evolución se produce a
saltos.

= '''Definicións''' =

#'''Especie: '''conxunto de seres vivos de características semellantes, orixe común

e capaces de procrear novos individuos tamén semellantes e fértiles.
#'''Órgano análogo: '''Son aqueles que desempeñan a mesma función, sen embargo non teñen o
mesmo orixe evolutivo. Por exemplo, a ás dunha mosca a as dun morcego.
#'''Principio de recapitulación: '''este principio dinos que o desenrolo embrionar
io de cada especie repite completamente a historia evolutiva de dita especie.
#'''Especiación: '''proceso mediante o cal unha poboación dunha especie da lugar a o
utra ou outras poboacións ailladas reproductivamente entre sí que acaban por formar
novas especies.
#'''Teoría endosimbionte: '''A célula precursora de todalas células eucariotas actuais
denominouse urcariota e puido ser a célula hospedeira de endosimbiontes bacterian
os.
#'''Taxonomía: '''Rama da bioloxía encargada da clasificación e a nomenclatura dos ser
es vivos e faise mediante un sistema xerárquico no que cada unidade de clasificación
, chamada taxón está formada por aquelas unidades da categoría inferior que están relaci
onadas evolutivamente.
#'''Sistema binominal de nomenclatura: '''Sistema establecido por Linneo no que
o nome de cada especie consta de dúas palabras latinas escritas en cursiva, a prim
eira corresponde ao xénero (a primeira letra vai en maiúscula e as demais en minúscula
) e a segunda é o nome específico (todo en minúsculas). Normalmente, estas dúas palabras
van acompañadas da inicial do nome do científico o cal inventou o sistema utilizado
, por exemplo L de Linneo.
#'''Postura bípeda: ''' É a postura que adoptaron moitas especies, que consiste en e
rguerse apoiándose sobre as dúas extremidades inferiores. Facilita a visión e permite
a liberación das mans (ofrecendo a posibilidade de transportar, crear ou modificar
obxectos con elas).
#'''Filoxenia: '''Rama da bioloxía que estuda a relación entre as especies e de
termina o parentesco evolutivo dos organismos.
#'''Lateralización''': do cerebro, é a diferenciación das funcións do hemisferio esquerd
o (por exemplo, a linguaxe) das do dereito (por exemplo, a expresión das emocións).
#'''Illamento reprodutivo: '''nunha especie, é o conxunto de características que non
permiten a reprodución entre dúas especies diferentes.

= '''Cales son os principais grupos de primates?''' =
Os principais grupos de primates son os prosimios, platirrinos, catarrinos, os x
ibóns, os grandes monos e os homínidos.

= '''Como puido influír o cambio climático na evolución dos homínidos?''' =

A substitución de amplas zonas de selva africana por sabana fixo que algúns primates
modificaran os seus hábitos alimenticios e abandonasen a vida nas árbores, o que pu
ido ser determinante dos grandes cambios do proceso de hominización.

= '''Qúe e o grao de encefalización? Que factores puideron influír no seu crecemento?'

É a relación entre o tamaño do encéfalo e o tamaño corporal.
Os factores que puideron influír no seu crecemento foron:
*Unha dieta máis rica e variada.
*O desenvolvemento das actividades sociais e de comunicación.
*O incremento da taxa de crecemento cerebral durante o proceso de xestación.
*A prolongación da infancia e da nenez.

= '''Cales son as principais características do cerebro humano?''' =

*Existencia de áreas funcionais diferenciadas, responsables de tarefas específicas e
a lateralización.
*O grande desenvolvemento do lóbulo frontal, que controla as funcións motrices e é res
ponsable das capacidades intelectuais.
*O desenvolvemento das áreas temporais e prefrontais do hemisferio esquerdo, que e
stán relacionadas coa linguaxe.

= '''Cando se expoñen bacterias a un antibiótico...''' =

'''...as bacterias sensibles ao fármaco morren pero as que mostran unha alta resis
tencia eluden o efecto do fármaco e sobreviven orixinando máis poboacións bacterianas.
''''''Que ocorrerá nas novas xeracións co tempo? ''''''Como se desenvolven as
cepas resistentes das bacterias aos antibióticos? '''     &nbs
p;
A nova xeración da bacteria será máis resistente ao fármaco, e esta á súa vez xerará novas
terias aínda máis resistentes.

= '''Que fai o lóbulo frontal? E o neocórtex?''' =

*O lóbulo frontal controla as funcións motrices e é o responsable das capacidades inte
lectuais exclusivas (emocións, capacidade de planificación e de concentración, memoria
, etc).
*O neocórtex é unha parte da codia cerebral (parte do cerebro formada por un número en
orme de neuronas interconectadas) característico dos mamíferos e que está moi desenvol
vido na especie humana por medio de circunvolucións que aumentan a súa superficie, o
que permite a especialización do cerebro.
[[Category:CMC_1ºBACH]]

You might also like